Casa de Verdes é unha casa de aldea construída en 1921 en Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte.
O establecemento conta con sete habitacións dobres con baño, con cociña e comedor e unha sala con cheminea. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior atópase un xardín cun pequeno parque infantil e barbacoa.
Pódense realizar diversas actividades na contorna como rutas de sendeirismo, BTT, Trail-running, pesca, etc. Tamén se pode acceder aos distintos recunchos da “Costa da Morte” para contemplar as praias, faros, patrimonio arqueolóxico, así como gozar da variada gastronomía do mar.