Casa de Trillo é unha casa de aldea de 1558 en Santa Mariña na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago no Camiño Fisterra-Muxía.
O establecemento ten seis habitacións dobres con baño, un salón con lareira e un comedor. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior hai grandes xardíns con diferentes árbores froiteiras, un campo de minigolf, barbacoa e un parque infantil.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona son sendeirismo, ciclismo, windsurf, excursións en barco, etc.
O establecemento está certificado coa Q de Calidade Turística.