Casa D’Agosto é unha antiga casa reitoral do século XVIII restaurada en Fornelos de Montes, ao pé da Serra do Suído, no centro da provincia de Pontevedra.
O establecemento alúgase completo e ten 8 habitacións, cociña e sala de estar con cheminea. No exterior conta cunha finca de 14.500 m2 e piscina, ademais dun espazo para churrasco ou actividades recreativas como tenis de mesa, futbolín, etc.
Entre as actividades propostas na contorna están o sendeirismo, o ciclismo ou o piragüismo, así como a visita aos moitos atractivos turísticos: o Castelo de Soutomayor, o Balneario de Mondariz ou as praias de Arcade.