Casa da Marica está situada en Eiriz, A Estrada, preto da Vía da Prata do Camiño de Santiago.
O establecemento, que se aluga completamente, ten 3 dormitorios dobres con baño, un aseo na planta baixa e unha cociña totalmente equipada xunto ao comedor. Fóra da casa hai un xardín, piscina e barbacoa.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona son sendeirismo, ciclismo, rutas a cabalo ou en barco, circuítos termais, golf e multiaventura, entre outras.
*Priorizamos reservas vía correo electrónico e/ou teléfono.