Casa da Carballeira está situada en Ribela, A Estrada, preto da Vía da Prata do Camiño de Santiago.
O establecemento, que se aluga completamente, ten 4 habitacións dobres e unha cociña totalmente equipada xunto ao comedor. Fóra da casa hai un xardín e churrasco.
Entre a oferta da casa rural hai unha experiencia arredor da sidra que comeza na granxa onde se recollen as mazás para rematar nunha cata comentada.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona son sendeirismo, ciclismo, rutas a cabalo ou en barco, circuítos termais, golf e multiaventura, entre outras.