Casa Ceferinos é un aloxamento rural de 1900 situado na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago na variante Muxía- Fisterra.
O aloxamento ten 10 habitacións, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida. Ten unha sala de estar e porche na terraza con acceso ao xardín.
Nas proximidades podes visitar a praia de Nemiña, á entrada da ría de Lires, ou o Faro de Touriñán. Tamén é moi atractivo visitar a Fervenza do Ézaro e os arredores do río Xallas ou o Santuario da “Virxe da Barca” en Muxía.