Casa Caxigueiro é unha casa do s.XVI localizada en Sarria, Lugo, próxima ao Camiño de Santiago Francés e á beira do Camiño Real.
Aquí poderás gozar de receitas como Embutidos da matanza, Chuletitas de cordeiro ecolóxico certificado (CRAEGA), patacas e ensalada ou Pito de Mos con verduras ecolóxicas (CRAEGA), entre outros pratos.
Na súa contorna vívese a tradición hospitalaria de peregrinos e non en balde a parroquia de Barbadelo, onde se sitúa, figura no Códice Calixtino (s.XII) como lugar con hospital para peregrinos.
Por este motivo a casa recolle a tradición do descanso que se pode realizar nas contornas próximas, así como roteiros de sendeirismo ou de bicicleta de montaña. Tamén hai a posibilidade de montar dacabalo.