Casa Brais é unha casa de aldea en Barreiros, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia. Algúns dos puntos de interese próximos son as praias das Catedrais, Ribadeo ou Foz.
O establecemento ten dez habitacións dobres con baño, salón-comedor e varias salas de estar. Pódese alugar por habitacións ou como casa completa.
No exterior pódese gozar do xardín ou camiñar ata a praia de Benquerencia, a 500 metros da casa.
Na zona hai varias actividades que se poden facer, como sendeirismo, rutas en bicicleta (aluguer gratuíto no lugar), surf, windsurf e outras actividades náuticas.

Carné +65: 10% desconto