Casa Arpón é unha casa rural localizada en Malpica de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Goza do Outono Gastronómico cuns menús con propostas tan interesantes como, unhas croquetas de higos, a súa famosa sopa de marisco “Casa Arpón”, tenreira asada con petit pois.
Nas proximidades pódese coñecer todos os atractivos da Costa da Morte: portos, praias, faros, como o de #Finisterre, e a incrible historia de Dombate, o maior dolmen do norte de España. Outra alternativa é visitar Buño, un dos lugares máis destacados de artesanía da península ibérica.