Casa A Quintela é unha casa rural situada en Quintelas de Abaixo, Forcarei, preto do Camiño da “Geira e dos arrieiros” e do Parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
O establecemento alúgase en réxime completo e ten 6 habitacións dobres, unha sala de estar e un comedor, así como unha cociña totalmente equipada. No exterior hai un parque infantil, zona de churrasco e solárium.
Entre as actividades que se poden facer na zona están o sendeirismo, o ciclismo e a equitación. Ademais da visita obrigada ao parque arqueolóxico de Campo Lameiro, capital da arte rupestre a nivel europeo, tamén pode realizar varias rutas fluviais.