Budiño da Serraseca é unha casa de labranza de 1753 en Oia, ao sur das Rías Baixas e do Baixo Miño. Xunto ao Camiño de Santiago no Camiño Portugués pola costa. A casa está situada a medio camiño entre Baiona e A Guarda.
O establecemento ten catro habitacións dobres con baño e un apartamento para catro persoas. Así como zonas de uso común como o salón con lareira e a biblioteca.
No exterior hai un xardín con numerosas árbores froiteiras, unha horta e conserva un hórreo típico galego e un muíño de auga.
Algunhas das actividades que se poden realizar na zona son sendeirismo, ciclismo e equitación, parapente, talasoterapia e actividades náuticas como surf, mergullo, etc.