Aldea Rural Santo André é unha aldea rehabilitada situada en Rairiz de Veiga, na comarca de Celanova-Limia, Ourense.
Aquí poderemos gozar de receitas outonais como Risotto de cogomelos, Wok de tofe e verduras con pemento de Arnoia (IGP) ou Carrilleras estofadas con salsa de mazá, entre outras suxerencias.
No exterior, máis de 10.000 metros de terreo de prados e bosque, nos que se dispón de terraza, grella, forno de leña e parque infantil.
O establecemento tamén alberga un centro de negocios e instalacións para reunións e banquetes.
É punto de partida de multitude de actividades na Reserva da Biosfera “Área de Allariz” ou no Parque do Gêres – Xurés: sendeirismo, piragüismo, BTT, escalada ou montañismo.
Sen esquecer a observación de aves na Lagoa de Antela e a recolección de cogomelos no outono.