A Fervenza é unha casa rural localizada no Bosque da Fervenza, fronte a un muíño do s.XVII, no Corgo, en plena Reserva da Biosfera Terras do Miño, e próxima ao Camiño de Santiago Francés e ao Camiño Primitivo.
Ven a gozar o outono con receitas como Salmorejo de trigueros con gambón e terra de xamón de porco celta, Lombo de pescada de Celeiro ao viño Godello ou o seu Solombo de porco con Pataca de Galicia (IGP) frita, con salsa de queixo Arzúa-Ulloa (DO) ou verduras á prancha.
Nas proximidades atópase o Bosque da Fervenza, enclave ecoturístico único, onde se pode realizar sendeirismo, bicicleta de montaña e paseos en canoas.