A Casa de Larache é unha casa de aldea do S. XVIII en Vilaboa, en plenas Rías Baixas. Próxima ao Camiño de Santiago no Camiño Portugués.
Nesta fantástica casa, poderás gozar de pratos outonais como Vieiras ao forno, Polbo á galega ou Filloas con Mel de Galicia (IGP), entre outras suxerencias dispoñibles.
No exterior atópase a leira con árbores centenarias, un gran xardín no que se sitúa a piscina, zona de grellada e un hórreo típico galego, así como un patio cun lagar.