A Casa da Cabaza, situada no Incio, na comarca dos Ancares-Courel, e preto da Ribeira Sacra
A casa ten 5 habitacións con baño privado, decoradas con obras de arte orixinais. Ten unha sala de estar - comedor onde gozar de almorzos orgánicos e vexetarianos (en The Guardian foi seleccionado como un dos 20 mellores hoteis vexetarianos de Europa).
No exterior, un gran xardín e terraza con vistas ao lago e diferentes espazos para relaxarse disfrutando dunha refrescante bebida ou dun bo libro. Pola noite, debido á reducida contaminación lumínica, podes gozar dun impresionante ceo.
Entre as actividades que se poden realizar na zona está a ruta que sobe ao monte Eirexalba ou á Ruta do Ferro, en relación ás distintas minas que había na comarca. A Ribeira Sacra tamén está preto, coa posibilidade de achegarse ás beiras do río Miño e os seus miradoiros, así como a Ruta do Románico ou a visita ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.