A Cantaruxa Maruxa é unha casa de aldea situada en Villasobroso, Mondariz, próxima á Ría de Vigo nas Rías Baixas e ao norte de Portugal.
Nesta preciosa casa, poderás gozar de receitas outonais como Solombo de porco á pementa, Ensalada tépeda de gulas e gambas ou Pescada do petisco á mariñeira con ameixas, entre outros pratos.
No exterior atópase un acolledor xardín cun estanque e zona de solárium, un cenador, unha zona de xogo infantil e unha horta ecolóxica.
Algunhas das actividades que se poden realizar pola zona son sendeirismo, roteiros en bicicleta (alugueiro dispoñible no establecemento), circuíto termal, golf ou actividades náuticas como rafting ou kaiak.

Carné +65: 10% desconto e detalle de benvida