Se o teu plan de verán inclúe a praia, en Galicia estás de noraboa. Case 1.700 quilómetros de costa agardan a túa visita. Nas 868 praias de Galicia, 111 delas con bandeira azul en 2021, atoparás a maior variedade de praias que poidas imaxinarche e moitas que nin imaxinabas que existían na Península Ibérica.
Praias bulliciosas con todos os servizos, praias urbanas, areais quilométricos, calas recónditas ao pé de cantís, praias rodeadas de bosque… en calquera parte da costa de Galicia terás sempre preto varias praias moi distintas, sen contar coas praias fluviais no interior, unha experiencia que tamén che recomendamos e da que che falaremos noutro post. Por suposto, a todo o longo da costa atoparás numerosos aloxamentos de turismo rural. Fai clic aquí para ver a lista dos que podes reservar directamente na nosa web.
Centrándonos nas praias marítimas, as praias de Galicia son de dous tipos: abertas ao mar, con augas máis frías e xeralmente máis grandes, e praias nas rías, con augas máis acougadas. Ti elixes en cada momento a cal queres ir, aínda que nós recomendamos que probes as dúas.
Algunhas praias de Galicia ofrecen algo moi difícil de atopar no resto da Península Ibérica: praias sen apenas xente en pleno verán. É imposible mencionalas todas, pero seleccionamos algunhas suxestións que de seguro che gustarán. Neste primeiro post da serie sobre praias de Galicia, falaremos das praias nas Rías Baixas e a Costa da Morte.
Praia de Rodas nas Illas Cíes
Posiblemente, a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, senón o prestixioso diario británico The Guardian, que lle outorgou esta distinción en 2007. Situada no istmo que une as dúas illas principais das Cíes, na boca da ría de Vigo, conta con 1,2 km de finísima area branca e augas dun intenso azul turquesa. Simplemente, non poderás crer que un paraíso así estea tan preto.
Ten en conta que as Illas Cíes son un espazo natural protexido que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Isto significa que a cantidade de persoas que poden visitalas está estritamente limitado e que debes seguir unhas normas de conduta cando esteas alí para non danar o seu delicado ecosistema. Para poder visitar estas illas necesitas dunha autorización previa (que che recomendamos que solicites con bastante antelación) e viaxar cunha das navieras autorizadas que realizan o traxecto desde Vigo ou Cangas do Morrazo. Podes solicitar a autorización aquí.
Onde aloxarse?
Preto dos portos de partida dos barcos ás illas tes as seguintes casas con reserva directa na nosa web:
Torre Vella, Budiño de Serraseca, A Casa de Larache, As Chivas, O Rozo, María Bargiela, Casa do Cribeiro, A Cantaruxa Maruxa
Praia de Area Longa (Porto do Son)
Este areal aberto ao Atlántico é un pequeno paraíso do naturismo, onde si queres poderás tomar o sol e bañarche espido. Terás que deixar o coche xunto á estrada e chegar andando tras un curto paseo cruzando un bosque de piñeiros. Ao saír do bosque, atoparasche cunha sorpresa espectacular: a impoñente presenza xunto á praia do Castro de Baroña, os restos dun asentamento da Idade do Ferro empolicados a un promontorio rochoso. Desde alí podes contemplar un dos atardeceres máis bonitos de Galicia e, si tes sorte, poderás avistar golfiños. Iso si, aínda que faga sol, leva roupa de abrigo, pois en canto chegue o solpor a brisa do mar refrescará moito o ambiente, mesmo nos días máis calorosos de verán. Moi preto tes moitas praias emblemáticas que non debes perder, entre as que destaca a de Corrubedo, no Parque Natural do mesmo nome, outra visita obrigada na zona, e as praias da costa de Ribeira e Noia, que se contan entre as praias de Galicia máis populares.
Onde aloxarse?
Preto da praia de Area Longa e das numerosas praias próximas, tes as seguintes casas con reserva directa na nosa web:
Entre Os Ríos, Aldea Os Muiños, A Casa Antiga do Monte, Os Lambráns, Casa Do Zuleiro, Casa Pedrolo, Perfeuto e María
Illa de Arousa
Unha illa no corazón da ría de Arousa, comunicada por terra por unha ponte, onde atoparás distintas praias de fina area branca e augas tranquilas. Que non che enganen as aparencias: a pesar de ser unha illa relativamente pequena, conta con 36 quilómetros de costa dos que 11 son praias. Aquí atoparás un universo en miniatura: desde praias concorridas con bandeira azul, como O Bao e Cabodeiro, a praias recónditas rodeadas de natureza como Espiños e Os Petóns (no Parque Natural do Carreirón) ou a pequena praia de Sualaxe. Ademais, contarás con todos os servizos a pé de praia ou a moi pouca distancia e unha ampla oferta gastronómica, todo a un paso do epicentro do turismo de praia en Galicia, a zona de Arousa.
Onde aloxarse?
Preto da Illa de Arousa e as súas praias, así como de todo o mundo de cousas que ver na ría, tes as seguintes casas con reserva directa na nosa web:
Pazo Carrasqueira, Aldea Bordóns, Casa Outeiro, O Paxareco de Ay, Os Carballos, As Chivas
Costa da Morte: Carnota, O Rostro e Nemiña
É moi difícil quedar con praias concretas entre as decenas que atoparás na Costa da Morte, pero hoxe imos recomendar tres praias que se contan entre as máis singulares de Galicia. Primeiro a praia de Carnota, que con 7 quilómetros de lonxitude é a praia de Galicia máis longa, onde sempre atoparás un lugar tranquilo se queres estar ao teu aire. Moi preto de Fisterra recomendámosche a praia de O Rostro, unha praia virxe rodeada de espectaculares paisaxes nunha contorna totalmente salvaxe. E para terminar, unha praia moi especial, a praia de Nemiña, xunto á que desemboca a máis pequena e coqueta das rías galegas: a Ría de Lires.
Onde aloxarse?
Na Costa da Morte, unha das visitas obrigadas en Galicia, poderás reservar na nosa web os seguintes aloxamentos:
Casa Raúl, Casa Lourido, Casa Castiñeira, O Xastre de Anos
Consello final: Ollo coas mareas!!
Para quen non estea afeito ás praias de Galicia, a subida e baixada da marea pode ser unha sorpresa. Podes chegar a unha praia aparentemente enorme e ver que todo o mundo sitúase moi lonxe da auga. Iso significa que chegaches coa marea baixa, pero cando esta suba boa parte da praia desaparecerá baixa a auga. Coloca a túa toalla sempre en zonas onde a area estea totalmente seca, xa que aí é onde a auga non chegará cando suba a marea. Tamén é boa idea de que che informes do horario de pleamar e baixamar na zona á que vaias (podes consultar o horario de mareas na web de Meteogalicia), e non esquezas que a subida da marea prodúcese máis rapidamente do que pensas, especialmente con lúa chea ou en épocas de mareas vivas (finais de agosto e setembro) nas que a diferenza do nivel do mar entre baixamar e pleamar pode superar o catro metros.