Por que elixir un aloxamento de turismo rural en Galicia?

Galicia Turismo Rural   |   07 Agosto 2021   |   Turismo rural Galicia

A rede de aloxamentos de turismo rural en Galicia é, á vez que ampla e diversa, unha excelente mostra da arte, a sabedoría e o bo facer atesourados por xeracións no campo galego. Grazas á creatividade e o esforzo de persoas humildes e sinxelas, cuxos nomes moitas veces quedaron no esquecemento, día a día e ao longo do tempo, fóronse conformando espazos confortables, sustentables e de beleza única e incomparable para o benvivir

Seguro que xa tes abundantes motivos para gozar desta terra, así que os que aquí vas ler só servirán para reforzar dita motivación.

Cada casa é única.

Os aloxamentos de turismo rural en Galicia son construcións con carácter propio e unha longa historia recollida na súa arquitectura e en cada detalle do seu mobiliario, enxoval e decoración. Rehabilitados e coidados con mimo, agarimo e ilusión, están á túa disposición para ofrecerche recantos únicos nos que vivir e gozar. Lembra que só os establecementos que se ofertan como aloxamentos de turismo rural están homologados e cumpren coas normativas sanitarias, turísticas e de seguridade vixente e legalmente establecida. 

A hospitalidade en Galicia é sagrada. 

Tratarémoste como só aquí sabemos facelo, algo que percibirás nada máis chegar.

Goza do trato familiar que brindamos a cantas persoas visítannos. Encántanos que sintas como na casa… e mesmo mellor!.

Recantos privilexiados. 

As casas de turismo rural de Galicia atópanse en lugares que preservan a esencia e o carácter propio da vida rural e labrega nas pequenas vilas e aldeas que conforman boa parte desta terra. Recunchos naturais, plenos de tranquilidade, onde terás a oportunidade de darte un respiro, sabendo que por uns días o xentío e balbordo da cidade ficarán atrás. 

Opcións para todos os gustos 

Podes aloxarte nun pazo señorial, unha casa con piscina climatizada ou spa, durmir en incribles cuartos, gozar dunha envexable oferta gastronómica… ou optar por casas de labranza onde se cultiva a terra, se cría gando ou se elaboran viños, licores ou marmeladas, actividades nas que, se queres, podes participar.

Casa compartida ou non compartida? O que ti queiras

Á hora de decidir, debes ter en conta o seguinte: Se decides reservar por cuartos ou apartamentos, é dicir en casas compartidas –as persoas propietarias vivimos en elas– terás que engadir á nosa proverbial hospitalidade, calidade e profesionalidade, almorzos e xantrares elaborados con agarimo, parolas pola fresca no verán ou ao quente ao pé dunha lareira no inverno, e un especial ambiente de bo trato co resto das persoas hospedadas.

Se en cambio optas por unha casa non compartida, é dicir de aluguer completo, ti e a túa familia ou o teu grupo de amizades gozaredes en exclusiva dela e do espazo que a rodea. Pos suposto, contarás coa persoa encargadaa para asesorarvos ou axudarvos no que precisedes.

Elixas o aloxamento que elixas, faremos o que estea nas nosas mans para que a túa estadía sexa o más agradable posible. 

Poder decidir que tipo de vacacións ou escapada queres. 

Es de explorar grandes zonas de Galicia, practicando actividades de aventura, rutas de sendeirismo ou ciclismo? A túa principal motivación é degustar a cociña local, visitar algunhas adegas das D.O. galegas? Sentes paixón por coñecer o noso rico patrimonio cultural ou natural ...?

... ou queres gozar tranquilamente da túa estadía, relaxarte e pasear? Xa sabes que a carón de calquera aloxamento de turismo rural en Galicia haberá un recuncho máxico agardándote e que, por sorte, non aparecerá en ningún mapa nin en ningunha guía turística.

Quizais esteas a buscar un lugar onde meditar, escribir, ler, teletraballar ou prepararse para un exame dun xeito relaxado e sen interferencias.

 Por sorte, todos eles son motivos máis que dabondo para hospedarse nun aloxamento de turismo rural en Galicia. En calquera caso, cando nos visites atoparás unha ampla oferta de experiencias para vivir, desas que han quedar para sempre na túa memoria.

Quen proba, repite. 

As persoas que viven a experiencia de aloxarse nunha casa de turismo rural en Galicia, a miúdo pensan en repetila.

Hai moitas que volven sempre que poden e aínda máis as que comparten as súas experiencias cos seus seres queridos, recomendándolles  os aloxamentos onde estiveron.

Gozar, pero dun modo seguro. 

Aínda que a seguridade, limpeza e hixiene xa formaban parte do noso traballo diario, grazas á formación específica recibida, os aloxamentos de turismo rural en Galicia ofrecen as máis altas garantías sanitarias e de seguridade e altos estándares de limpeza e hixiene. E é que tomamos as medidas precisas para garantir estadías seguras e sen sobresaltos .

É por iso que só as persoas aloxadas en establecementos regulados gozan da cobertura do seguro contra a Covid19. Máis información AQUÍ

Mereces un respiro xa, e Galicia é un destino seguro e de calidade. 

En www.galiciaturismorural.es, páxina web xestionada pola Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), descubrirás aloxamentos para vivir Galicia coma en ningures. Porque só os establecementos de turismo rural ofrecen moito máis que unha simple casa no medio dun campo.

Lembra que os aloxamentos de turismo rural en Galicia están moi demandados. toma o tempo xusto para pensalo e reserva axiña.

Como sempre, agardámoste cos brazos abertos e o mellor dos nosos sorrisos, aínda que, polo de agora, debamos agochalo tras dunha máscara e as apertas deban ficar nun afastado saúdo.