Proposta Galicia Turismo Rural para as pontes do Pilar, dos Santos e da Almudena

Galicia Turismo Rural   |   06 Outubro 2021   |   Turismo rural Galicia

Unha ponte de 3 ou 4 días da para moito nun aloxamento de turismo rural de Galicia. Desde un relaxado plan co que deixarse agarimar pola súa acolledora arquitectura e hospitalidade -aproveitando para ler, descansar e gozar dos mellores pratos da gastronomía galega–, ate plans de aventura cos que explorar os espazos naturais dos arredores.

Soñas con navegar ou remar deslizándose sobre as augas de ríos e rías? ou es máis de visitar adegas, queixarías ou centros do mel?

Encántache ir na procura de castañas, figos, noces ou cogomelos da man de persoas expertas? Buscas participar en magostos ou rutas do viño ou tal vez descubrir igrexas e mosteiros, recantos de vilas e aldeas onde o tempo parece terse detido...

Son só algunhas propostas, e hai moitas máis!

 Ao longo e ancho de toda a súa lonxeva orografía, Galicia –mesmo na costa–, esténdese nun variado relevo no que alternan serras, chairas e vales, e sobre as que se asenta una espléndida natureza. Aquí e aló, atoparás aloxamentos de turismo rural desde os que é doado perderte na procura dunha fauna, flora e xeoloxía únicas.

Plans de montaña

Se es das persoas que gozan facendo sendeirismo e subindo aos cumios dos montes, estás de noraboa!

Ao norte, a xeito de continuación da Cantábrica, érguense serras como a da Faladoira, o Xistral ou a Gañidoira. Ollando ao Atlántico atoparás montes lendarios e de nomes míticos coma O Pindo, Monte Louro, A Curota na serra do Barbanza, Monte Castrove, O galiñeiro, o Monte Aloia, Montes da Serra do Argalo e a Groba ou o de Santa Tegra na Guarda. Pola dorsal galega érguense as serras do Faro, do Farelo e do Suido ou os Montes da Paradanta.

Pero se procuras máis altura, Ancares, O Courel, Manzaneda ou Trevinca, serras nas que lindan Galicia, Asturias, León, Zamora ou Portugal, han ser as referencias para a túa escolla.

Vaias onde vaias, descubrirás que a natureza e os seus habitantes veñen modelando unha incomparable sucesión de veigas e terras chairas, profundos vales e redondeados cumios, os derradeiros bosques atlánticos , ríos, fervenzas e pequenas aldeas onde o tempo transcorre con calma, lonxe do boureo e as présas das grandes urbes. Un auténtico paraíso para todas cantas persoas gustades do sendeirismo, cunha gran cantidade de roteiros de pequeno e longo percorrido, sen esquecer os distintos Camiños de Santiago.

Perderse por elas, percorrelas tranquilamente e percibilas con todos os sentidos é a fórmula maxistral imprescindible para recargar de enerxía corpo, mente e espírito.

Afortunadamente en todas estas zonas atoparás aloxamentos de turismo rural.

A costa de Galicia: Rías, illas, praias e faros

Calquera dos máis de 1700 quilómetros de costa de Galicia é un anaco de paraíso. En todas as rías galegas atoparás espazos protexidos de alto valor ecolóxico e paisaxes moi diferentes: desde os cantís máis altos de Europa en Ortegal aos hipnóticos paisaxes da Costa da Morte e os seus emblemáticos faros ou os pobos mariñeiros das Rías Baixas.

O peixe e o marisco, frescos e coa mellor calidade da Península, teñen un protagonismo especial na maioría dos menús que che ofrecerán nos aloxamentos de turismo rural da costa. Lembra que en outubro empeza a mellor época para gozar do marisco.

 
A Casa de Larache
TR-PO-000185
A Casa de Larache
Lugar de Larache, 16 - Santa Cristina de Cobres - 36142 - Vilaboa (Pontevedra)
A Casa de Larache é unha casa de aldea do século XVIII en Vilaboa, en plenas Rías Baixas. Próxima ao Camiño de Santiago no Camiño Portugués.
Ver máis
 
Abadia das Eiras
TR-PO-000193
Abadia das Eiras
Estrada de Eiras, 15 - 36770 - O Rosal (Pontevedra)
Abadía das Eiras é unha casa reitoral de 1816 en O Rosal, preto do Río Miño, ao sur das Rías Baixas e a un paso do norte de Portugal.
Ver máis
 
Aldea Bordóns
TR-PO-000068
Aldea Bordóns
Lugar O Outeiro, 11 - 36966 - Sanxenxo (Pontevedra)
Aldea Bordóns é unha casa de aldea no Val do Salnés, preto de Sanxenxo na Ría de Pontevedra, no corazón das Rías Baixas.
Ver máis
 
Aldea Os Muiños
TR-CO-000024
Aldea Os Muiños
Mirans, 6 - 15984 - Rianxo (A Coruña)
Aldea os Muíños é unha casa de aldea nun antigo muíño de 1804 situada en Rianxo, preto das praias das Rías Baixas.
Ver máis
 
Budiño de Serraseca
TR-PO-000160
Budiño de Serraseca
Camiño de Serraseca, 11 - Viladesuso - 36309 - Oia (Pontevedra)
Budiño da Serraseca é unha casa de labranza de 1753 en Oia, ao sur das Rías Baixas e do Baixo Miño. Xunto ao Camiño Portugués pola costa.
Ver máis
 
Casa Brais
TR-LU-000006
Casa Brais
Estrada Xeral San Pedro, 24 - 27792 - Barreiros (Lugo)
Casa Brais é unha casa de aldea en Barreiros, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa Bravo
TR-PO-000216
Casa Bravo
Lugar Bravo - Cerponzóns - 36002 - Pontevedra (Pontevedra)
Casa Bravo é unha casa de aldea de 1910 en Pontevedra, preto das praias das Rías Baixas e do Camiño de Santiago no Camiño Portugués.
Ver máis
 
Casa Castiñeira
TR-CO-000213
Casa Castiñeira
Buiturón, s/n - 15124 - Muxía (A Coruña)
Casa Castiñeira é unha casa de aldea centenaria en Muxía, na Costa da Morte, próxima ao Camiño de Santiago no Camiño de Finisterra-Muxía.
Ver máis
 
Casa Cordobelas
TR-CO-000028
Casa Cordobelas
Lugar de Cordobelas, 29B - Esteiro - 15555 - Cedeira (A Coruña)
Casa Cordobelas é unha casa de aldea centenaria en Cedeira, próxima á praia de Pantín, ao norte da provincia de A Coruña.
Ver máis
 
Casa da Barreira
TR-PO-000099
Casa da Barreira
Lourido 21 - San Salvador - 36691 - Soutomaior (Pontevedra)
Casa da Barreira, é unha antiga casa de labranza situada en Soutomaior, nas Rías Baixas, preto do Camiño de Santiago no Camiño Portugués.
Ver máis
 
Casa Da Ermida
TR-CO-000138
Casa Da Ermida
Ermida, 2 - Araño - 15984 - Rianxo (A Coruña)
Casa da Ermida é unha casa de labranza situada en Rianxo, preto das praias das Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa da Torre
TR-PO-000089
Casa da Torre
Lugar Torre, 55 - 36646 - Valga (Pontevedra)
Casa da Torre é unha casa de aldea do século XVII en Valga, preto da Ría de Arousa e as Rías Baixas. Próxima ao Camiño de Santiago no Camiño Portugués
Ver máis
 
Casa de Graña da Acea
TR-CO-000132
Casa de Graña da Acea
Acea, 4 - 15619 - Monfero (A Coruña)
Casa de Graña da Acea é unha casa de aldea do século XVII no parque natural das Fragas do Eume e preto do Camiño de Santiago no Camiño Inglés.
Ver máis
 
Casa De Roque
TR-CO-000068
Casa De Roque
Calle Sarnon, 4 - 15230 - Outes (A Coruña)
Casa de Roque é unha casa de aldea en Outes, preto das praias e da Ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa de Santa Uxía
TR-CO-000182
Casa de Santa Uxía
Lugar de Santa Uxía, 4 - Ézaro - 15151 - Dumbría (A Coruña)
Casa de Santa Uxía é unha casa de aldea dos anos 20 na Costa da Morte, moi preto da Fervenza do Ézaro e do Faro de Fisterra.
Ver máis
 
Casa de Sixto
TR-CO-000173
Casa de Sixto
Sas, 44 - 15319 - Paderne (A Coruña)
Casa de Sixto é unha casa de aldea centenaria preto das praias e da Ría de Betanzos, no corazón das Rías Altas.
Ver máis
 
Casa de Teixide
TR-LU-000049
Casa de Teixide
Ctra Beltrán 1 - 27868 - Xove (Lugo)
A Casa de Teixide é unha casa de estilo indiano, que data de 1936 e está situada en Xove, na Mariña lucense, preto do mar Cantábrico.
Ver máis
 
Casa de Trillo
TR-CO-000120
Casa de Trillo
Lugar Santa Mariña, 1 - 15124 - Muxía (A Coruña)
Casa de Trillo é unha casa de aldea de 1558 en Santa Mariña na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago no Camiño Fisterra-Muxía.
Ver máis
 
Casa de Verdes
TR-CO-000091
Casa de Verdes
Cundins, 16 - 15149 - Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Casa de Verdes é unha casa de aldea construída en 1921 en Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte.
Ver máis
 
Casa de Xan
TR-CO-000051
Casa de Xan
Ardeleiros s/n, Fruíme - 15214 - Lousame (A Coruña)
Casa do Xan é unha casa de aldea do século XIX en Lousame, no interior do Barbanza, preto da rías de Arousa e de Muros e Noia.
Ver máis
 
Casa do Castelo de Andrade
TR-CO-000098
Casa do Castelo de Andrade
Castelo de Andrade s/n - 15609 - Pontedeume (A Coruña)
Casa do Castelo de Andrade é un complexo rural en Pontedeume, preto das Fragas do Eume e do Camiño Inglés de Santiago procedente desde Ferrol.
Ver máis
 
Casa do Merlo
TR-LU-000130
Casa do Merlo
Lugar Sargendez, 4 - 27793 - Barreiros (Lugo)
Casa do Merlo é unha casa de aldea do século XVII preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa do Morcego
TR-CO-000181
Casa do Morcego
Porto do Cabo s/n - 15555 - Valdoviño (A Coruña)
Casa do Morcego está situada preto da praia de Vilarrube en Cedeira e das praias de Pantín e Valdoviño, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Casa do Sear
TR-PO-000102
Casa do Sear
Lugar do Sear 17 - Areas - 36966 - Sanxenxo (Pontevedra)
Casa do Sear é unha casa de aldea con máis de 400 anos de historia, situada en Sanxenxo, Rías Baixas, a só 500 metros da praia de Areas.
Ver máis
 
Casa do Torno
TR-CO-000063
Casa do Torno
Lugar do Torno - 15200 - Noia (A Coruña)
Casa do Torno é unha casa de aldea do século XIX xunto ás praias e á ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa do Zuleiro
TR-CO-000145
Casa do Zuleiro
Brión de Arriba - 15287 - Outes (A Coruña)
Casa do Zuleiro é unha casa de aldea de 1771 situada en Outes, preto das praias e da Ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa Elena
TR-LU-000074
Casa Elena
Santiago de Reinante, Camiño A Proida, 3 - 27794 - Barreiros (Lugo)
Casa Elena é unha casa de aldea en Barreiros, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa Guillermo
TR-LU-000089
Casa Guillermo
Santiago de Reinante s/N - 27794 - Barreiros (Lugo)
Casa Guillermo é unha casa de campo recentemente renovada, situada en Barreiros, no corazón da Mariña Lucense, a 1 km da Praia das Catedrais.
Ver máis
 
Casa Jesús
TR-CO-000037
Casa Jesús
Lugar de Lires, 98 - 15138 - Cee (A Coruña)
Casa Jesús é unha casa de labranza na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago no Camiño de Fisterra-Muxía.
Ver máis
 
Casa Lourido
TR-CO-000034
Casa Lourido
Lugar de Lires, 15 - 15138 - Cee (A Coruña)
Casa Lourido é unha casa de labranza en A Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago no Camiño de Fisterra-Muxía.
Ver máis
 
Casa Os Carballás
TR-LU-000124
Casa Os Carballás
Os Carballás 2 - Merille - 27866 - Ourol (Lugo)
Casa Os Carballás é unha casa de aldea de 1822 situada en Ourol preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa Outeiro
TR-PO-000168
Casa Outeiro
Outeiro, 6 - Dorrón - 36966 - Sanxenxo (Pontevedra)
Casa Outeiro é unha casa de aldea en Dorrón, preto de Sanxenxo na Ría de Pontevedra e a Ría de Arousa, no corazón das Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa Pedrolo
TR-CO-000085
Casa Pedrolo
Lourido - 15230 - Outes (A Coruña)
Casa Pedrolo é unha casa de aldea situada en Outes, preto das praias e da Ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa Perfeuto María
TR-CO-000088
Casa Perfeuto María
Cabanamoura, 11 - 15237 - Outes (A Coruña)
Casa Perfeuto María é unha casa de aldea do século XVIII en Outes, preto das praias e da Ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa Pousadoira
TR-CO-000022
Casa Pousadoira
Aldea Pousadoira, 4 - 15635 - Miño (A Coruña)
Casa Pousadoira é unha casa de aldea en Miño, preto das praias da ría de Betanzos e da cidade da Coruña.
Ver máis
 
Casa Raúl
TR-CO-000018
Casa Raúl
Lugar de Lires, 5 - 15138 - Cee (A Coruña)
Casa Raúl é unha casa de labranza na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago no Camiño de Fisterra-Muxía.
Ver máis
 
Casa Rural A Rega
TR-PO-000161
Casa Rural A Rega
Travesia Praia, Av. Chancelas, 16 - Combarro - 36993 - Poio (Pontevedra)
Casa Rural A Rega é unha casa de labranza en Poio, nas Rías Baixas e preto do Camiño de Santiago no Camiño Portugués.
Ver máis
 
Casa Rural As Chivas
TR-PO-000238
Casa Rural As Chivas
Camiño de Saramagoso, 34 - 36810 - Redondela (Pontevedra)
Casa Rural As Chivas é unha casa de aldea do século XX en Redondela, situada nas Rías Baixas preto da cidade de Vigo e do Camiño de Santiago no Camiño
Ver máis
 
Casa Rural Entre Os Ríos
TR-CO-000093
Casa Rural Entre Os Ríos
Lugar Entre os Ríos, 2 - 15940 - A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Casa Rural Entre Os Ríos é unha casa de aldea do S.XVIII en A Pobra do Caramiñal, próxima ás praias da Ría de Arousa.
Ver máis
 
Casa Rural Norita
TR-LU-000317
Casa Rural Norita
As Pantigueiras, 6 - San Adriano - 27750 - Lourenza (Lugo)
Casa Rural Norita é unha casa de aldea do século XVIII no val de Lourenzá, en A Mariña Lucense, preto do Camiño de Santiago no Camiño do Norte.
Ver máis
 
Casa Rural Penaquente
TR-CO-000157
Casa Rural Penaquente
Lugar Penaquente- Espasante - 15339 - Ortigueira (A Coruña)
Casa Rural Penaquente é unha casa de aldea xunto ás praias e á Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Casa Rural Soutomoro
TR-CO-000193
Casa Rural Soutomoro
Lugar Soutomor, 1 - 15339 - Ortigueira (A Coruña)
Casa Rural de Soutomoro é unha casa de aldea centenaria preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Casa Torre Vella
TR-PO-000140
Casa Torre Vella
Lugar Torre, 47 - 36938 - Bueu (Pontevedra)
Casa Torre Vella é unha casa de aldea do século XIX en Bueu, preto das praias da Ría de Pontevedra e da ría de Vigo, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Casa Videira
TR-PO-000125
Casa Videira
Rúa Valado 75 - 36390 - Bueu (Pontevedra)
Casa Videira é unha casa de labranza de 1847, en Bueu, nas Rías Baixas. Unha situación privilexiada para gozar das illas Cíes e das Illas Ons.
Ver máis
 
Casaldomar
TR-PO-000345
Casaldomar
Rua Cervantes, 60 - Carril - 36610 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Casaldomar é unha casa de aldea de 1938 en Carril, á beira das praias da Ría de Arousa e da Illa de Cortegada, nas Rías Baixas.
Ver máis
 
Finca El Remanso
TR-LU-000136
Finca El Remanso
A Igrexa, 24 - 27747 - Mondoñedo (Lugo)
Finca el Remanso é unha casa de labranza en Mondoñedo, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Finca Galea
TR-LU-000025
Finca Galea
O Castro de Ouro - 27776 - Alfoz (Lugo)
Finca Galea é unha casa de aldea situada en Alfoz, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Finca Goleta
TR-LU-000081
Finca Goleta
Lugar Barrio Espiñeira, 6 - 27780 - Foz (Lugo)
Finca Goleta es una casa de aldea de 1830 en pleno corazón de A Mariña lucense, a diez minutos de las playas de Foz y próximo al Camino de Santiago.
Ver máis
 
Finca O Bizarro
TR-LU-000164
Finca O Bizarro
O Bizarro, s/n - 27765 - Trabada (Lugo)
Finca O Bizarro é unha casa de aldea do século XIX preto das praias da Mariña Lucense e do Camiño de Santiago no Camiño do Norte.
Ver máis
 
Jallambau Rural
TR-CO-000119
Jallambau Rural
Lugar Miraflores, 51 - 15250 - Muros (A Coruña)
Jallambau Rural é unha casa de aldea de principios do século XX na ría de Muros e Noia, preto da praia.
Ver máis
 
Lugar del Rio
TR-CO-000321
Lugar del Rio
San Cristobal de Couzadoiro - Nogueirido, 50 - 15339 - Ortigueira (A Coruña)
Lugar del Río é unha casa de aldea centenaria preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Muíños de Pontenoval
TR-CO-000111
Muíños de Pontenoval
Ponte Noval s/n - Mera de Arriba - 15349 - Ortigueira (A Coruña)
Muíños de Pontenoval son dous antigos muíños situados nun val protexido do río Mera, en Ortigueira, comarca de Ferrolterra, nas Rías Altas.
Ver máis
 
O Casal de Cris
TR-PO-000347
O Casal de Cris
O Castro 5, Tenorio - 36120 - Cotobade (Pontevedra)
O Casal de Cris é unha casa rural típica con máis de 200 anos en Cotobade, preto de Pontevedra.
Ver máis
 
O Cruceiro
TR-CO-000331
O Cruceiro
Comoxo 29 - 15938 - Boiro (A Coruña)
O Cruceiro é unha casa de aldea de 1890 situada en Boiro, comarca do Barbanza, próxima ás praias da Ría de Arousa en plenas Rías Baixas.
Ver máis
 
O Paxareco de Ay
TR-PO-000229
O Paxareco de Ay
San Lorenzo de Nogueira, 9 - Ladrido - 36637 - Meis (Pontevedra)
O Paxareco de Ay é unha casa de aldea na comarca do Salnés, cerca da costa de Cambados, Sanxenxo e Portonovo, e a 15 km de Pontevedra.
Ver máis
 
O Vilar
TR-CO-000113
O Vilar
Mera de Arriba - 15349 - Ortigueira (A Coruña)
O Vilar é unha casa de aldea do século XVIII preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
O Xastre de Anos
TR-CO-000033
O Xastre de Anos
O Cruceiro, 4 - Lugar Anos - 15149 - Cabana de Bergantiños (A Coruña)
O Xastre de Anos é unha casa de aldea de 1910 en Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte.
Ver máis
 
Os Tres Teixos
TR-LU-000169
Os Tres Teixos
Lugar de Martin, 10 - 27786 - Foz (Lugo)
Os Tres Teixos é unha casa de aldea do século XIX en Foz, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Pazo Carrasqueira
TR-PO-000004
Pazo Carrasqueira
Camiño Carrasqueira, 7 - 36636 - Ribadumia (Pontevedra)
Pazo Carrasqueira é un pazo de 1742 no Val do Salnés, preto de Ribadumia e das praias da Ría de Arousa, no corazón das Rías Baixas.
Ver máis
 
Pazo da Merced
TR-CO-000001
Pazo da Merced
Lugar Pazo Merced, 1 - 15124 - Neda (A Coruña)
Pazo da Merced é un pazo do século XVII preto das praias e da Ría de Ferrol, no corazón das Rías Altas.
Ver máis
 
Xanela da Lua
TR-CO-000137
Xanela da Lua
Miñarzo, 128 - 15292 - Lira (A Coruña)
Xanela da Lúa é unha casa de aldea preto da praia de Carnota e Fisterra, na Costa da Morte.
Ver máis
 
A Pastora
TR-PO-000077
A Pastora
Rúa do Castro nº 5 letra B - 36630 - Cambados (Pontevedra)
A Pastora é unha casa rural situada en Cambados, no centro das Rías Baixas, preto da Ruta do Mar no Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa Antigua de San José
TR-CO-000124
Casa Antigua de San José
San Xosé nº 34 - Rianxiño - 15920 - Rianxo (A Coruña)
Casa Antiga de San José está situada en Rianxo, no corazón da Ría de Arousa, preto da Ruta do Mar de Arousa no Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa Arpón
TR-CO-000072
Casa Arpón
Vilanova de Santiso - 15113 - Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Casa Arpón é unha casa rural situada en Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte.
Ver máis
 
Casa Ceferinos
TR-CO-000196
Casa Ceferinos
Frixe nº 11 - 15125 - Muxía (A Coruña)
Casa Ceferinos é un aloxamento rural de 1900 situado na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago na variante Muxía-Fisterra.
Ver máis
 
Casa da Roncha
TR-CO-000127
Casa da Roncha
Igrexa 54-Argalo - 15213 - Noia (A Coruña)
Casa da Roncha é unha casa de aldea en Argalo, Noia, na comarca da Ría de Muros e Noia.
Ver máis
 
Casa das Fiadeiras de Nemiña
TR-CO-000322
Casa das Fiadeiras de Nemiña
Lugar de Queiros-Nemiña - 15124 - Muxía (A Coruña)
Casa das Fiadeiras de Nemiña é un aloxamento rural en Muxía, na Costa da Morte, preto do Camiño de Santiago por Muxía.
Ver máis
 
Casa do Fidalgo
TR-LU-000174
Casa do Fidalgo
O Machuco 1 - Bogo - 27722 - A Pontenova (Lugo)
Casa do Fidalgo é unha casa rural en A Pontenova, Lugo, no corazón da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón.
Ver máis
 
Casal de Folgueiras
TR-PO-000152
Casal de Folgueiras
Telide 2 - San Martiño - 36637 - Meis (Pontevedra)
Casal de Folgueiras é unha casa do século XVII en Meis, moi preto da Ría de Arousa e da Ruta do Mar de Arousa no Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casal de Umia
TR-PO-000235
Casal de Umia
Campo da Vila 2C - Oubiña - 36635 - Cambados (Pontevedra)
Casal do Umia é unha casa rural situada en Cambados, no centro das Rías Baixas e preto da ruta do Mar de Arousa no Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casas de Alexandre
TR-PO-000212
Casas de Alexandre
Vilar de Cordeiro nº 60 - 36640 - Valga (Pontevedra)
Casa de Alexandre é unha casa de aldea en Valga, na comarca da Ría de Arousa e pleno Camiño de Santiago na variante da Ruta do Mar de Arousa.
Ver máis
 
Casona da Labrada
TR-LU-000312
Casona da Labrada
Labrada 6 - Conforto - 27728 - A Pontenova (Lugo)
Casona de Labrada é un complexo rural en A Pontenova, Lugo, no corazón da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón.
Ver máis
 
Mar de Queo
TR-CO-000049
Mar de Queo
Queo de Abaixo nº 46 - 15108 - Carballo (A Coruña)
Mar de Queo é unha casa rural situada en Carballo, na Costa da Morte, preto da Coruña e Santiago de Compostela.
Ver máis
 
O Lar do Mar
TR-CO-000336
O Lar do Mar
Freán 1 - 15293 - Carnota (A Coruña)
O Lar do Mar é un complexo arquitectónico tradicional do século XIX xunto á praia de Carnota, na Costa da Morte.
Ver máis
 
Os Migueliños
TR-PO-000142
Os Migueliños
Calle Barral 12 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Os Migueliños é unha casa de labranza situada en Catoira, nas Rías Baixas e preto da Ruta do Mar de Arousa no Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Pazo da Escola
TR-PO-000165
Pazo da Escola
Barrio Moreira 10 - Mañufe - 36388 - Gondomar (Pontevedra)
Pazo da Escola está situado en Gondomar, no Val Miñor, ao sur de Pontevedra e preto do Camiño de Santiago portugués pola costa.
Ver máis
 
Rectoral de Cines
TR-CO-000126
Rectoral de Cines
Casas Novas nº 4 - San Nicolás - 15380 - Oza-Cesuras (A Coruña)
Rectoral de Cines é un aloxamento rural situado en Oza-Cesuras, no corazón de Mariñas Coruñesas e preto do Camiño de Santiago Inglés por Ferrol.
Ver máis
Ver todas

Espazos naturais e bosques

É difícil que camiñes máis dun par de quilómetros no rural galego sen adentrarte nun bosque, preto do que discorra algunha corrente de auga. En calquera das casas de turismo rural recomendaranche lugares máxicos a tiro de pedra.

Deseguido vai a relación de Parques naturais

E éstas son as Reservas da biosfera

O único Parque Nacional de Galicia é o das Illas Atlánticas  .

Ademais destes espazos de máxima protección, existen decenas de espazos naturais emblemáticos por toda a xeografía galega.

 

Patrimonio histórico e cultural

Varios son os espazos e monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Desde a muralla romana de Lugo, a Torre de Hércules na Coruña, ademais de Santiago de Compostela e dos distintos Camiños de Santiago nos que, igrexas románicas e mosteiros milenarios son fiel testemuña da relixiosidade e a arte de moitas das persoas que nos precederon.

Lembra que: As recomendacións nas redes e nas guías turísticas ofrecen en xeral abondosa e útil información, pero ben sabes que as persoas que habitamos un territorio coñecémolo moito mellor. Confía nas persoas que rexentamos os aloxamentos de turismo rural. Solicítanos a información que precises, incluso antes da túa chegada, para que poidas ir concretando e completando o teu plan.

Cada vez é máis frecuente que para visitar recintos ou espazos sexa precisa a cita previa, axustarse a determinados horarios, ou saber quen ten a chave, quen por alí sabe de historias, receitas ou recantos que aínda escapan dos mapas e guías.   

Galicia é moi grande. Percorrela en 4 días é imposible. Nin sequera nunha semana ou dúas habías ter tempo dabondo para gozar do máis destacado. Ten máis de 1.700 km de costa, a distancia en coche dun extremo a outro de Galicia supón máis de 3 horas por autoestrada ou autovía. Abarcalo todo obrigaríate a pasar o día na estrada, e nin así!

Se elixes unha zona, gozarás moito máis dela e faralo dun xeito tranquilo. Quen descobre Galicia sempre queda con ganas de máis.