Outono nos bosques de Galicia (parte 2): Os froitos do bosque

05 Outubro 2020

O outono nos bosques de Galicia é tempo de colleita: as castañas, protexidas baixo a IGP (Indicación Xeográfica Protexida), asoman nos sorrisos nos ourizos, caen no chan e recóllense esforzadamente. A gastronomía galega ten una chea de deliciosas receitas con castañas: ademais das tradicionais castañas asadas, cómense cocidas, acompañadas de leite, en caldo ou acompañando potentes guisos de carne. Varias son as sobremesas que a teñen como base, como o marron glacé ou a afamada tarta de castañas. 

O outono en Galicia tamén é tempo de celebración. Son moitos os lugares de Galicia onde se celebran os magostos, unha celebración gastronómica da colleita con orixes perdidos na noite dos tempos e nos que as persoas que se achegan son sempre benvidas. A veciñanza tras recoller as castañas da boa conta delas xunto a churrasco e chourizos, regados co viño novo da última colleita. 

Os cogomelos, a xoia gastronómica do outono nos bosques de Galicia

 

O outono nos bosques de Galicia tamén é sinónimo de cogomelos. Os afeccionados á micoloxía atoparán na nosa terra un paraíso. É importante que as saídas para recoller cogomelos se realicen sempre cunha persoa experta para distinguir as especies comestibles. En moitas áreas organízanse saídas con especialistas e mesmo moitas casas rurais teñen verdadeiros mestres na arte de cazar cogomelos (e cociñalos deliciosamente). Vai ser unha sorpresa para ti cando coñezas as mil e unha formas para preparar os cogomelos.

O outono en Galicia ofrece a ocasión de degustar os pratos da tempada, máis contundentes que os do verán, onde os guisos de carne, peixe das nosas rías e verduras de horta son os protagonistas. Por iso cada ano celebramos o Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia, un acontecemento culinario onde ofrecemos aos nosos visitantes o mellor das nosas cociñas. 

 

 

No turismo rural de Galicia temos todo preparado para que a túa escapada de outono sexa inesquecible. Achégate e descubre un mundo de posibilidades e actividades de pequeno formato para todos os gustos. O descanso e o relax están moi preto de ti.