Para non alongalo demasiado, comentamos o prato principal (segundo prato) de cada menú. Lembra que cada establecemento ofrece dous menús distintos e que cada menú está composto de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viño dunha das D.O. de Galicia.
Elaborados menús con produtos da terra con un toque de imaxinación e unha sobremesa misteriosa, a "Sobremesa de María". Pratos destacados: Paspallás en escabeche con patacas suflé e Castaña de Galicia ou solombo de porco recheo de queixo azul de Galicia e noces con puré de Pataca de Galicia.
O galo de curral e a costilleta de Tenreira Galega son os protagonistas dos seus menús, onde non faltan os produtos da horta e o marisco.
Os seus dous menús combinan pratos clásicos na gastronomía galega, incluíndo carne e peixe. Pratos principais: Faceiras de tenreira guisadas ao Mencía con verduras confeitadas ou bacallau ao forno con pataca panadeira e cebola.
Esta casa estradense ofrécenos menús con produtos de agricultura ecolóxica nos que destacan o xarrete de Tenreira Galega con Castaña de Galicia e mazá de agricultura ecolóxica, ou unha cazola de rape con ameixas.
Entrantes e primeiros moi elaborados, con produtos de proximidade e con dous protagonistas nos seus menús: Entrecosto de Tenreira Galega con Mel de Galicia e cervexa artesá, ou un salmón en mollo de laranxa con arroz salvaxe.
Dous menús con pratos tradicionais e produtos de excelente calidade. No menú 1 a proposta principal é o solombo ibérico á pementa, mentres que no menú 2 o protagonista é un salmón ao papillote con verduras.
Aposta pola simplicidade e a sinxeleza dos produtos de gran calidade. Destaca o largo da man de Ternera de Galicia con patacas e chícharos ou a pescada guisada en cazola.
Un delicioso clásico como la tortilla de patata de Galicia con chorizo de Lalín y el pescado de temporada son los protagonistas de sus menús.
Peixes e mariscos aparecen con xenerosidade nos seus dous menús, que no caso do menú 1 ten como prato principal unha pescada á galega, mentres que no menú 2 o prato forte é unha Tenreira Galega asada ao forno con guarnición.
Os seus dous menús comparten entrantes e primeiro prato. No menú 1 o prato principal é a robaliza ao forno en salsa de cítricos, mentres que o menú 2 está comandado por unhas costilletas de cordeiro lechal ao coñac con guarnición.
Menús con aromas e sabores do mar como protagonistas absolutos. No menú 1 o prato principal é o polbo con patacas, mentres que no menú 2 decántanse por un peixe á prancha con pataca galega.
Peixe, marisco e polbo están presentes en ambos os menús. No menú 1 fan compañía a un secreto selecto de castaña con patacas e pementos do piquillo, mentres que o menú 2, totalmente mariñeiro, está protagonizado por unha pescada do pincho.
Portugal está preto, e nótase para ben nestes menús. No primeiro menú o prato principal é bacallau rebozado con cebola confeitada e pataca panadeira, mentres que no menú 2 propoñen un entrecosto de Tenreira Galega con salteado de verduras e patacas fritas.
Unha clara aposta polos produtos de proximidade caracteriza aos menús desta casa. No menú 1 o prato principal son unhas carrilleras de Tenreira Galega ao Mencía, mentres que no menú 2 o protagonista é un prato de pescada do petisco á mariñeira con ameixas.
Os vexetais da súa horta están moi presentes nos menús que nos propoñen, protagonizados por un solombo de porco ao allo cociñado á grella con puré de batata ou o polo Vinosobroso: peituga de polo cocida con patacas e verduras coloridas á xuliana.
Menús moi completos con carnes, peixe, arroz... Destaca o codillo asado con salsa agridoce e o bacallau con allada arriera.
Lembra que en cada casa ofértanse 2 menús distintos, todos compostos de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesas caseiras e viños das DO galegas.
Podes reservar a túa escapada de fin de semana directamente na nosa web. Non cho penses demasiado, as casas que ofertan menús de Outono Gastronómico son as primeiras en ocuparse. Boa estancia e bo proveito!
![]() |
GALICIA TURISMO RURAL é unha plataforma de reserva online dirixida a todos aqueles viaxeiros e viaxeiras que teñan interese en coñecer os atractivos turísticos dos distintos xeodestinos de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural con encanto e integrados na paisaxe natural que os rodea.
Nesta plataforma cada vez participan máis establecementos da rede existente, de xeito que se pode considerar o principal recurso de contratación de turismo rural de Galicia. Fegatur (Federación Galega de Turismo Rural) promove esta iniciativa en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).