Outono Gastronómico 2021 en Ourense

Galicia Turismo Rural   |   03 Outubro 2021   |   Outono no turismo rural Gastronomía Turismo rural Galicia

Nesta terceira entrega do noso percorrido polos menús de Outono Gastronómico falarémosche dos menús ofertados polas casas rurais de Ourense.

Como nos posts anteriores, centrámonos no prato principal (segundo prato) pero os menús están compostos de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viños das D.Ou. de Galicia. Cada casa oferta dous menús distintos.

Vila Centellas (Coles)

Comida netamente tradicional e caseira, da de siempre, da boa. Nos seus menús destacan as faceiras ao viño tinto e o bacallau ao forno.

Ver menú completo

La Rectoral de San Eusebio (Coles)

Os pratos de caza e os cogomelos de outono están moi presentes nos menús deesta reitoral. Os seus protagonistas son unha pizza artesá con cogomelos de tempada ou cervo en escabeche en mollo de framboesas con cebola acaramelada.

Ver menú completo

Pacio do Sil (A Rúa)

Un menú sinxelo con produtos de calidade. Non é preciso máis para gozar dun bó xantar, e iso é o que nos propoñen. Os seus pratos principais son a costeleta de tenreira e a pescada á galega.

Ver menú completo

Casa Grande de Cristosende (A Teixeira)

Comida netamente tradicional e da terra, onde non falta nada: queixos, verduras, peixes e carnes. No primeiro menú un lombo de bacallau confeitado con patacas preséntanos os seus respectos, mentres que no segundo menú a estrela é un entrecosto de Tenreira Galega con gratén de pataca.

Ver menú completo

Reitoral de Chandrexa (Parada do Sil)

Produtos ecolóxicos e artesáns con moita presenza de verduras caracterizan aos menús desta Reitoral. Os seus protagonistas: Unha tenreira ecolóxica con Castaña de Galicia, froito que tamén acompaña ao chourizo de porco celta con verduras.

Ver menú completo

Casal de Armán (Ribadavia)

Menú completísimo no que non podemos deixar de mencionar un entrante de lentellas con anguía. Os seus pratos principais son a faceira de porco alimentado con castaña e verduras de tempada ou a albóndega de tenreira con foie e crema de patata. E un postre con pan!

Ver menú completo

Eido das Estrelas (A Veiga)

Os pratos de caza son as estrellas dos menús de esta casa, que xogan coas texturas e sabores de outono cun toque sofisticado. Pratos principais: Cervo con froitos vermellos e milfollas de parrulo e mazá con redución de mango e solla.

Ver menú completo

Casa Ramirás (Ramirás)

Una elaborada e innovadora proposta para darlle un aire distinto á cociña tradicional de Galicia. O primeiro menú ten como prato principal a un jarrete de Tenreira Galega ao mencía con mazá á vainilla e cogomelos, mentres que o segundo menú presenta unha pescada de Burela ao vapor con algas sobre Fabas de Lourenzá.

Ver menú completo

Casa Rural Vilaboa (Allariz)

A caza é a proposta máis destacada dos menús desta casa, cun magret de pato con salsa de arandos protagonizando o primeiro menú e solombo de cervo no segundo menú.

Ver menú completo

Pousada Torre Lombarda (Allariz)

Aposta pola cociña tradicional, sinxela e de proximidade. No primeiro menú a súa proposta principal é o jarrete estofado ao mencía, e no segundo menú unha costela á sidra.

Ver menú completo

Reitoral de Ansemil (Celanova)

Cociña de fusión con toques contemporáneos nos menús desta Reitoral. No primeiro menú, unha costela de porco deshuesada con salsa de ostras e Castaña de Galicia, e no segundo menú un rolo de Lacón Gallego e orella de porco, puré afumado e mollo de carne.

Ver menú completo

Casa Sabariz (Rairiz de Veiga)

Pratos de proximidade, verduras da horta e toques aromáticos nos menús desta casa. No primeiro, uns rolos de Tenreira Galega con boletus, e no segundo menú uns medallones de pito de curral con beicon e albáfega.

Ver menú completo

Aldea Rural Couso Galán (Sarreaus)

Couso Galán ofrécenos dúas opcións de prato principal en cada menú. No menú 1 podemos elixir entre linguado ao forno con pementos e Pataca de Galicia ou entrecosto de tenreira galega con Pataca de Galicia panadeira. No menú 2 as opcións son bacallau á portuguesa en cama de Pataca de Galicia ou carrilleras de tenreira ao viño tinto de mencía con Pataca de Galicia revolcona.

Ver menú completo

Reitoral de Candás (Rairiz de Veiga)

Contundente oferta gastronómica. No seu primeiro menú preséntanos a un dos reis indiscutibles da cociña tradicional: o cocido galego. No segundo menú, Jarrete de Tenreira Galega ao viño do Porto.

Ver menú completo

Aldea Rural Santo André (Rairiz de Veiga)

Un toque oriental con produtos da terra. No seu primeiro menú a proposta principal é un Wok de tofu con “Pemento de Arnoia” e no segundo menú un secreto ibérico con salsa de froitos vermellos.

Ver menú completo

Casa Baralló (Lobios)

A cociña tradicional da zona caracteriza ás súas propostas gastronómicas. O menú 1 presenta unha croca de tenreira cachena con salsa de boletus, mentres que o menú 2 está protagonizado por un bacallau ao forno con pan de millo.

Ver menú completo

O Retiro do Conde (Monterrei)

A gastronomía desta casa fai honra ao seu nome. No primeiro menú a súa proposta principal é a robaliza con allo porro asado, mentres que o segundo menú presenta unha carrillera glaseada con cabaza. O conde quedaría moi satisfeito.

Ver menú completo

Casa da Feira (Lobios)

Innovación e tradición fusionadas nunha proposta gastronómica moi atractiva. No menú 1, unhas lascas de bacallau con faragullas de pan de millo, e no menú 2 un solombo de Tenreira Galega con aroma de Queixo do Cebreiro.

Ver menú completo

 

Lembra que todos os menús compóñense de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viños das D.O. de Galicia.

Entrouche fame? Pois non cho penses moito para escapar unha fin de semana a calquera destas casas e saborear estes deliciosos pratos, porque as reservas voan no outono.