Outono Gastronómico 2021 en Lugo

Galicia Turismo Rural   |   26 Setembro 2021   |   Outono no turismo rural Gastronomía Turismo rural Galicia

Nesta segunda entrega dámosche un avance dos menús de Outono Gastronómico das casas rurais da provincia de Lugo que podes reservar na nosa web.

Para non estendernos demasiado, só che contamos o prato principal (segundo prato) de cada menú. Lembra que cada casa oferta dous menús distintos e que cada menú componse de entrantes, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, xunto con viños das D.O. galegas.

Podes acceder ao menú completo de cada casa aquí ou ben contactando directamente con elas cando fagas a túa reserva.

Finca Goleta (Foz)

Peixe fresco (non podería ser doutro xeito) combinados coas carnes. Os seus pratos principais son unhas faceiras de porco con pataca de Galicia, e no segundo menú, que fará as delicias dos amantes do peixe, reinan unhas supremas de pescada con lagostinos.

Ver menú completo

Finca O Bizarro (Trabada)

Dous menús de terra adentro, coas carnes e as verduras como protagonistas absolutas de todos os pratos. No primeiro menú a estrela é un solombo de Tenreira Galega, e no segundo menú un secreto ibérico.

Ver menú completo

Casa Norita (Lourenzá)

Esta casa rural sorpréndenos fusionando a gastronomía nórdica e italiana co produto local. O primeiro menú, tras un primeiro prato noruegués, ofrécenos un bacallau ao forno con puré de cabaza e aceite con herbas aromáticas. O segundo menú transpórtanos a Italia, protagonizado por un estofado italiano de Tenreira Galega ao viño tinto con patacas ao forno.

Longarela Casa Rural (Castroverde)

Comida tradicional cun toque de imaxinación é a proposta de menús desta casa. O primeiro menú ten como prato principal ao pito de curral, mentres que o segundo menú ofrécenos un solombo de porco ao Porto.

A Fervenza (O Corgo)

Ollo ás sobremesas dos seus menús! Non chas contamos para que as descubras, pero só os nomes dan gana de chuparse os dedos. Os seus pratos fortes son un xurelo ao forno con tomates cherry confeitados ou un solombo de porco con crema de castañas.

A Lareira (As Nogais)

Dous postres con queixo do Cebreiro que están dicin do cómeme. Os seus pratos principais son o segredo de porco celta ou o entrecosto de Tenreira Galega. Cando a carne é excelente, non precisa máis que a preparación sabia e con agarimo.

Casa Caxigueiro (Sarria)

Aposta polos produtos ecolóxicos certificados, presentes en ambos os dous menús. O seus pratos fortes son unhas chuletiñas de año ecolóxico certificado, patatas e ensalada da horta ou ben un polo de Mos con verduraiñs ecolóxicas.

Casa do Romualdo (Taboada)

A súa aposta é pola cociña actual con produtos de proximidade. Verduras, peixes, carnes, queixo e froitos de outono fusiónanse nos seus pratos. Os seus pratos principais son un solombo de porco celta con mazás e castañas salteadas en licor de Mencía ou un espeto labrego e mariñeiro con verduriñas (rape e lagostinos).

Ver máis

Casa Vilamor (O Saviñao)

Dous menús de cociña caseira tradicional, pero non exenta de imaxinación. No primeiro menú o seu prato principal é o cordeiro asado con Pataca de Galicia ao forno e ensalada, mentres que o segundo menú propón un polo ao coñac con Pataca de Galicia redonda e ensalada.

Reitoral de Castillón (Pantón)

Os vexetais teñen gran protagonismo nos seus dous menús, ata o punto de que o segundo deles non ten carne, senón unha pasta con pesto. No primeiro menú, un rabo de Tenreira Galega con Castaña de Galicia é o protagonista.

Ver menú completo

Casa dos Muros (Pantón)

Cociña caseira tradicional nos dous menús desta casa rural. No primeiro o prato principal é a Tenreira Galega asada con Pataca de Galicia, mentres que no segundo menú a súa proposta principal é a costela ao forno con Pataca de Galicia.

Ferreiría de Rugando (Quiroga)

Dous menús contundentes e coidados coa carne como protagonista. No primeiro menú destaca un osobuco de Tenreira Galega ao viño Godello con arroz cremoso de cogomelos, e no segundo menú nada menos que perna de xabaril ao forno con puré de Castaña de Galicia

Ver menú completo

Casa Grande de Rosende (Sober)

Mar e montaña nestes dous menús con aires contemporáneos. No primeiro menú a súa proposta estrela é o capón da casa con castañas, e no segundo menú unhas carrilleras de porco celta con arroz de verduras.

 

Consulta en cada casa cales dos distintos paquetes de Outono Gastronómico teñen dispoñibles, así como as actividades de Outono Plus. E dáche présa, que nesta época as casas que participan no Outono Gastronómico son as primeiras en reservarse.