Ten en conta que cada casa ofrece dous menús distintos para elixir. Todos os menús compóñense de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viño dunha D.O de Galicia ou outra bebida.
Contámosche o prato forte de cada menú. Podes acceder ao menú completo de cada casa aquí ou ben contactando directamente con elas cando fagas a túa reserva.
Esta casa aposta nos seus menús por unha alternativa moi mariñeira, con robaliza salvaxe de Ortegal con grelos e patacas ou ben por un contundente chuletón de tenreira galega de 1,2 kg para compartir.
Casa do Morcego aposta pola innovación nos seus menús co rape de Cedeira con textura de verduras e ourizo ou o porco celta con mango, cogomelos e castañas.
Os menús de Casa de Sixto presentan pratos tradicionais de outono, coma o caldo galego. O prato principal no menú 1 é un estufado de Tenreira Galega e no menú 2 un bacallau á galega con cogomelos e pimientos. Máis de outono, imposible.
Casa Arpón aposta polo estilo "da casa" Ata o paté dos entrantes é caseiro. No menú 1 presentan unha tenreira asada ao estilo Casa Arpón con Grelos de Galicia, e no menú 2 unha caldeirada de peixe mixto.
Mar e terra mestúranse nos dous menús de Mar de Queo. Con dous primeiros de pescado, o menú 1 ten coma prato forte unha Tenreira Galega asada ao xerez con guarnición, e no menú 2 un codillo asado ao coñac con patacas e guarnición.
Os menús desta casa reitoral presentan produtos moi desta época, caseiros e de proximidade. No menú 1 o prato forte é un bacallau ao xeito Rectoral e no menú 2 o protasgonista é un xarrete de Tenreira Galega con pataquiñas asadas.
A súa proposta é sinxela: excelente produto sen floreos. Os seus menús teñen como protagonista á croca de Tenreira Galega ou a tradicional caldeirada de rape.
Un menú completo de peixe e marisco protagonizado por un arroz caldoso con marisco "costimorteño" e un menú onde tamén o marisco está presente pero o prato forte é unha Tenreira Galega estofada en forno de leña con verduriñas.
Aposta polos pratos tradicionais elaborados cos mellores ingredientes: Cazola de peixe con patacas de Galicia ou costeleta de Tenreira Galega con pataca de Galicia e ensalada.
¿Lembras o bacallau da túa avoa? Pois o Bacallao da Avoa é precisamente o plato principal dun dos seus menús, sendo o do outro un solombo de porco con guarnición. Díficil escoller!
Cociña tradicional renovada con aires contemporáneos nos menús que presentan, protagonizado o primeiro por un entrecosto de Tenreira Galega a baixa temperatura con gratén de brócoli, e o segundo por un bacallau ao forno con muselina de espinaca e coliflor.
Toques orientais e variedade de queixos nos seus menús, que culminan cun salmón salvaxe con quinoa e verduriñas, pesto verde e sal con limón ou ben unha grellada de porco celta.
Un menú repleto de sabores de outono onde os cogomelos teñen moita presencia. Pratos fortes: Faceiras de Tenreira Galega con puré de castaña e bacallau sobre tosta de Pan de Cea e ovos de curral.
Preséntanos un menú tradicional cun toque de modernidade: Lombo de pescada ao albariño ou solombo de porco con mazá caramelizada son os protagonistas respectivos dos seus dous menús.
Elaborado e innovador menú, atrevida mestura de sabores e texturas para lembrar. Os seus pratos fortes son as faceiras de porco ao chocolate con castañas ou ben bacallau ao forno con crema de escalivada. Ñam!
Dous menús sinxelos pero moi completos onde gozar de produtos de primeira calidade. Ofrécenos unhas Fabas de Lourenzá con bacallau ou un jarrete de tenreira de Lugo con castaña de Galicia.
Que hai máis de outono que as castañas? O seu primeira menú ten como prato principal a tenreira asada con castañas de Galicia e mazá, ou ben pescada do pincho ao estilo da casa no segundo menú.
Esta casa rural ofrece dous menús contundentes: No primeiro o protagonista é o galo asado con pataca de Galicia e no segundo a pescada guisada con castaña de Galicia.
Aves de caza, toques franceses e italanos nos seus menús, moi en liña coas tendencias actuais. Pratos fortes: Bacallau dourado ao xeito Brandeso e confit de parrulo con crema de Pataca de Galicia (IXP) e cogomelos de tempada.
Esta casa do rural compostelán apostou por un menú onde os froitos de outono e os cogomelos son protagonistas. Os seus pratos principais son unha dourada á prancha con patatitas ou a tenreira galega con salsa de champiñóns.
No seu menú, no que non podía faltar o queixo, anticípanos un sabor típico do Nadal como o capón de curral, ou ben unhas carrilleras de tenreira galega ou boi galego, ambos con primeiros pratos de estilo mariñeiro.
Esta casa aposta por dúas carnes autóctonas para os seus pratos principais: No primeiro menú unha carne de tenreira de raza Cachena guisada ao estilo tradicional ("ao caldeiro") e no segundo menú unha degustación de diferentes partes de porco celta, outra raza autóctona.
Os seus dous menús teñen un toque de fusión entre comida tradicional galega, oriental e mediterránea. No primeiro menú o prato principal é un salmón salvaxe con quinoa e verduritas, pesto verde e sal con limón, e no segundo menú reina unha parrillada de porco celta.
Un menú que non pode negar a súa proximidade ao mar, con produtos de proximidade. No primeiro menú a proposta principal é unha cazola de carne ao forno con mazás e no segundo menú unha cazola de peixe con ameixas.
O que che contamos son os segundos pratos. Todos estes menús están compostos de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesas (e que sobremesas!) e viños das D.O. galegas.
Consulta en cada casa cales dos distintos paquetes de Outono Gastronómico teñen dispoñibles, así como as actividades de Outono Plus. E dáche présa, que nesta época as casas que participan no Outono Gastronómico son as primeiras en reservarse.
GALICIA TURISMO RURAL é unha plataforma de reserva online dirixida a todos aqueles viaxeiros e viaxeiras que teñan interese en coñecer os atractivos turísticos dos distintos xeodestinos de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural con encanto e integrados na paisaxe natural que os rodea.
Nesta plataforma cada vez participan máis establecementos da rede existente, de xeito que se pode considerar o principal recurso de contratación de turismo rural de Galicia. Fegatur (Federación Galega de Turismo Rural) promove esta iniciativa en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).