Despois do estío, o bosque de Galicia revive no outono. As primeiras choivas enchen de novo os regatos de auga. É o momento de percorrer as numerosas rutas de sendeirismo polas beiras dos ríos e dos regos, acompañados do son da auga e descubrir as innumerables fervenzas, grandes e pequenas, que nesta época recuperan o seu esplendor. Se tes paciencia e sorte, pode que teñas a oportunidade de avistar alguna lontra, especialmente en zonas de augas tranquilas afastadas dos núcleos habitados.
Estamos nun momento no que os entusiastas da fotografía atoparán centos de motivos para capturar coas súas cámaras. A luz do outono considérase a mellor do ano para a fotografía de natureza e a diversidade de razóns para fotografar nos bosques e nas beiras dos ríos, dende muíños a cogomelos ou camiños sombríos onde a luz do sol apenas chega, permiten a obtención de imaxes espectaculares.
E a choiva? En xeral, agás tormentas específicas, a choiva do outono en Galicia é suave e forma parte da paisaxe. Só tes que equiparte adecuadamente para gozar do brillo especial que a auga tira da pedra e da vexetación, ademais dese aroma especial da terra húmida cando comeza a chover, que se coñece como petricor e que nos transporta fóra do tempo ocupado en que vivimos.
En definitiva, o outono nos bosques de Galicia é unha época para percorrer, camiñar e gozar do espectáculo da natureza cos 5 sentidos. Convidámoste a vir ás casas rurais que atoparás na nosa web, onde podes facer directamente a túa reserva.
GALICIA TURISMO RURAL é unha plataforma de reserva online dirixida a todos aqueles viaxeiros e viaxeiras que teñan interese en coñecer os atractivos turísticos dos distintos xeodestinos de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural con encanto e integrados na paisaxe natural que os rodea.
Nesta plataforma cada vez participan máis establecementos da rede existente, de xeito que se pode considerar o principal recurso de contratación de turismo rural de Galicia. Fegatur (Federación Galega de Turismo Rural) promove esta iniciativa en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).