O turismo rural en Galicia é o turismo máis seguro

15 Xullo 2020

As vacacións deste verán  na “nova normalidade” van ser calquera cousa menos normais. É lóxico, despois de longas semanas de confinamento e de que a emerxencia sanitaria da covid-19 siga activa, que moitas persoas estean a repensar os seus plans de vacacións na procura da maior seguridade posible.

 

No  momento actual esa seguridade, sempre dentro do cumprimiento das normas sanitarias, está moi condicionada pola elección do destino e o aloxamento.  Xa temos visto dende o inicio do  verán o complicado que resulta evitar as aglomeracións  nas praias e zonas máis turísticas, e iso que nin de lonxe se están a acadar as cotas de ocupación doutros anos.

 

Cando dicimos que o turismo rural en Galicia é turismo seguro ou, mellor dito, o máis seguro posible, estamos a falar  de que a meirande parte das casas rurais en Galicia sitúanse en entornos abertos, ben illadas ou en aldeas pequenas. Ademáis, o último que vas atopar en calquera dos nosos aloxamientos rurais é cola na recepción, no restaurante ou aglomeracións de ningún tipo. Precisamente o feito de ser pequenos é a nosa principal vantaxe.

 

Quen procure fuxir das aglomeracións este verán, atopará no turismo rural de Galicia un universo de posibilidades para desfrutar dun turismo seguro ao aire libre. Temos 1.500 km de costa nos que é doado atopar praias desertas ou con moi pouca ocupación porque están lonxe das localidades turísticas máis coñecidas. Bosques, ríos, fervenzas, montaña… Galicia é un microcosmos que ofrece ao visitante unha diversidade de paisaxes e unha riqueza en patrimonio histórico, cultural e gastronómico como ningún otro lugar de Europa co seu mesmo tamaño.

 

En poucos lugares de España podes sentar no cumio dun acantilado para contemplar o fantástico espectáculo do solpor no mar. Ademáis, anoitece case unha hora máis tarde que no Mediterráneo. Aquí poderás ler tranquilamente un libro xunto a un regato no medio de un bosque de ribeira coa seguridade de que, como moito, atoparás algún camiñante ocasional.  Propómoste unha forma distinta de desfrutar estas vacacións, onde non terás que percorrer grandes distancias dende o teu aloxamento (ás veces, simplemente un paseo) para atopar un lugar máxico onde disfrutar cos 5 sentidos.

 

Por outro lado, nas casas de turismo rural de Galicia non estivemos ociosos durante este periodo de emerxencia.  Dende a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) promovimos un ambicioso programa de formación en colaboración coa Axencia Galega de Turismo dentro do programa “Galicia, destino seguro”. Esta formación é específica en hixiene e desinfección para os encargados e/ou propietarios de casas rurais, e cubre tódolos ámbitos da atención ao visitante: dende o servizo das habitacións á preparación do xantar, o servizo de restauración nas casas que o ofrecen, o coidado das zonas comúns e os cartos de baño, as piscinas ou a oferta de actividades complementarias. Ata tenemos en conta a desinfección das bicicletas de aluguer que moitas casas ofrecen.

 

Dispomos dun protocolo pensado específicamente para o tamaño dos nosos aloxamentos, onde o coidado da saúde dos nosos clientes é o primeiro. Ademiás, no turismo rural de Galicia  podes pasar a inmensa maioría do tempo  no exterior, xa que as nosas casas están preparadas. Por iso podemos afirmar que o turismo rural en Galicia é un turismo seguro.

 

Aínda que este ano non vai ser posible abrazarte físicamente como quixésemos, agardámoste cos brazos abertos. Temos un mundo de posibilidades para ti, só tes que vir e descobrilas. Asegurámoste que a experiencia será inolvidable.