Manifesto da Fegatur contra da guerra na Ucraína

13 Marzo 2022

Unha vez máis, a construción dun proxecto común universal e os esforzos por tecer lazos de amizade e cooperación en todo o mundo seguen a ser atacados, desta volta no dereito á vida en paz e en democracia do pobo Ucraíno.

 

Desde a Federación Galega de turismo Rural (FEGATUR) sumámonos á condena da invasión e da violencia ordenada polo goberno ruso contra da Ucraína e reclamamos o cese das hostilidades e a retirada e volta ao seu país das tropas rusas.

 

A guerra iniciada está a costar a vida de centos de persoas. Millóns delas están a seren desaloxadas dos seus fogares en pobos e cidades, converténdoas en persoas desprazadas e refuxiadas. Coma sempre, é a sociedade civil a principal vítima da agresión militar perpetrada.

As disputas sobre a terra, as fronteiras e as identidades deben resolverse sempre construíndo relacións respectuosas baseadas na confianza mutua e na procura común dun futuro compartido.

A agresión militar na Ucraína está a devir en morte, destrución, máis abusos contra dos dereitos humanos, movementos de persoas desprazadas e refuxiadas a gran escala e á traumatización das mesmas.

 

Cada vez somos máis as persoas que cremos que son os abrazos e non os mísiles e morteiros os que sementan vida e ledicia de novo nos corazóns da xente, os que fan agromar primaveras de futuro nesta Terra. Desde a FEGATUR vimos fomentando o benestar social para mellorar a sociedade e defendemos a paz, a prosperidade e o desenvolvemento en igualdade e respecto dos pobos.

 

Calquera guerra é inxusta, e esta -carecendo de lexitimidade- por suposto que o é, e tan só contribúe a reforzar o autoritarismo corroendo dereitos e liberdades.

 

Nestes tempos nos que aínda estamos a vivir situacións tan duras e dramáticas, a inmensa maioría da sociedade segue a ser firme partidaria da solidariedade e da defensa dos dereitos e liberdades de todos os pobos do mundo.

Desde o firme convencemento de que debemos - cadaquén desde o seu lugar e responsabilidade - exercer como instrumentos necesarios garantes da paz, a FEGATUR vai seguir traballando para que Galicia sexa un espazo de convivencia pacífica e solidaria, con valores de igualdade, seguridade, liberdade, respecto e dereitos humanos.

 

Deseguido van algúns enderezos onde poder botar una man.

 

ACNUR (A axencia da ONU para os refuxiados)

Os fondos recaudados irán destinados a ofrecer protección e asistencia humanitaria en Ucraína e países veciños, coa distribución de artigos de emerxencia como refuxios, mantas, colchóns, alimentos e roupa, entre outros.

Doazón na web: www.ayudaucrania.com

Teléfono: 900 900 532

Conta bancaria: ES86 2100 2262 1802 0040 3932

SMS: ACNUR al 28014

Bizum: 01151

 

 

UNICEF

Traballamos dentro e fora de Ucraína para subministrar axuda de emerxencia a nenos, nenas e as súas familias, proporcionarlles acceso a auga potable, apoio psicosocial e establecer espazos seguros para protexelos.

Doazón na web: www.unicef.es

Teléfono: 900 907 500

Contas bancarias: ES84 2100 5731 70 0200224381 // ES65 0182 2370 41 0010033337

Bizum: 11261

 

CRUZ VERMELLA

A axuda que nos chega destínase á atención directa de Cruz Vermella en Ucraína e en países veciños nos que hai persoas afectadas; con artigos de primeira necesidade, entregas en efectivo para que as persoas poidan adquirir enseres básicos, e apoio psicosocial sobre o terreo.

Doazón na web: www.cruzroja.es/colabora

Teléfono: 900 104 971

Conta bancaria: ES44 0049 0001 5321 1002 2225

SMS: UCRANIA al 28092 para donar 1,20€

SMS: UCRANIA al 38088 para donar 3,00€

SMS: UCRANIA al 38092 para donar 6,00€

Bizum: 33512

 

COMITÉ DE EMERXENCIA

As primeiras respostas de emerxencia do Comité de Emergencia céntranse en proveer refuxios, axuda humanitaria de primeira necesidade como alimentos ou auga, asistencia sanitaria, atención psicolóxica e protección infantil, entre outras liñas de actuación. O Comité de Emergencia está formado por Aldeas Infantiles SOS, Educo, Médicos del Mundo, Oxfam Intermón, Plan International y World Vision.

Doazón na web: www.comiteemergencia.org/donacion-ucrania/

Teléfono: 900 595 216

Conta bancaria: ES24 2100 5731 7202 0035 4082

SMS: Juntos al 28014

Bizum: 02076