Podemos anticipar, sen moito risco de equivocarnos, que 2021 non será un ano de turismo de masas. Independentemente das restriccións sanitarias que sigan vixentes e de que (oxalá) haxa unha vacina e/o tratamentos eficaces contra a covid-19, a confianza para acudir a lugares con elevadas concentracións de persoas tardará en recuperarse. A propia OMT prevé que en 2021 a meirande parte dos visitantes vanse decantar por destinos no seu propio país.
Isto é unha oportunidade para todo tipo de turismo, non só para o turismo rural. Nas grandes cidades e zonas altamente explotadas turísticamente, abre unha xanela de oportunidade para a tan desexada desestacionalización do turismo. Non é o mesmo que unha cidade afronte unha carga de millóns de turistas concentrados nuns poucos meses que repartir ese número ao longo de todo o ano. Se é posible, e debemos traballar niso dende o sector turístico, que a xente e as empresas se acostumen a que calquera momento do ano é bó para coller vacacións, poderemos ter un turismo máis sostible e mellor para tódalas partes implicadas: visitantes, empresas turísticas, aloxamentos, hostelería e administracións públicas encargadas de xestionar e coida-lo patrimonio.
2021 ten que ser o ano do turismo rural. Un mundo de posibilidades para que os visitantes descubran un tipo de turismo diferente, máis pausado, máis armónico coa natureza e a contorna. Neste sentido, Galicia ocupa una posición privilexiada. Temos todo o que o visitante busca: natureza, historia, patrimonio artístico e cultural, unha gastronomía excepcional e paisaxes idílicas en case cada recuncho da nosa xeografía. E ademáis, sempre hai un aloxamento de turismo rural moi preto de cada un deses recunchos.
Dende Fegatur queremos convidarte a que descubras o mundo rural da nosa man. Queremos axudarte a desconectar por uns días dun mundo que se volveu do revés, desfrutando da tranquilidade, coñecendo xente extraordinaria e tendo experiencias únicas e inesquecibles. Ao final, esas experiencias son as que marcan a diferencia e quedan no recordo.
Para iso, o vindeiro 1 de outubre lanzaremos unha campaña de marketing dixital que co lema “Respira” pretende achegar a riqueza do turismo rural de Galicia en outono e inverno. Temos o Outono Gastronómico en turismo rural, unha ocasión para coñecer mellor a nosa gastronomía, tan rica e variada, comarca a comarca e pobo a pobo. Os bosques énchense de cor nesta época da caída da folla, ademáis de ofrecer os seus froitos: castañas, noces, moras, cogumelos… E por se fora pouco, os ríos e regatos volven ter un bo caudal de auga tra-la estiaxe para que os desfrutes en todo o seu esplendor.
Ademáis, estrearemos novidades na nosa web galiciaturismorural.es: novo blog para contarche novas e que coñezas eses pequenos recunchos onde perderte, máis información e un novo sistema de reservas para elixir o tue aloxamento cómodamente e en función dos teus gustos e necesidades.
Estamos preparados, por suposto con todas as medidas de seguridade sanitaria, a cheminea acesa e desexando que nos visites. Só faltas ti.
¡Feliz Día Mundial do Turismo 2020!
GALICIA TURISMO RURAL é unha plataforma de reserva online dirixida a todos aqueles viaxeiros e viaxeiras que teñan interese en coñecer os atractivos turísticos dos distintos xeodestinos de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural con encanto e integrados na paisaxe natural que os rodea.
Nesta plataforma cada vez participan máis establecementos da rede existente, de xeito que se pode considerar o principal recurso de contratación de turismo rural de Galicia. Fegatur (Federación Galega de Turismo Rural) promove esta iniciativa en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).