Deza e Tabeirós: Natureza en setembro no corazón de Galicia

Galicia Turismo Rural   |   11 Setembro 2021   |   Natureza

As comarcas do Deza e Tabeirós son dous destinos xeniais para unha escapada en setembro e en plena natureza. Aquí vas atopar tres das cousas máis buscadas por quen visita Galicia en setembro: Bosques e ríos, patrimonio e gastronomía.

Fotografía cedida por Turismo de Galicia

Pola súa situación xeográfica central en Galicia supoñen un punto estratéxico para visitar outras zonas, pero tes moito que ver e gozar se non te queres desprazar.

Que ver e facer nas comarcas do Deza e Tabeirós

Falamos de dúas comarcas cunha potente agricultura e gandeiría, o que implica que aquí se come estupendamente en calquera sitio, con produtos frescos da zona. Lalín, capital da comarca do Deza, é tamén a capital galega do cocido, un prato contundente que outrora era típico do inverno pero que podes degustar en calquera época do ano. Iso sí, lembra que un cocido é prato único, xa que as distintas partes que o compoñen sérvense por separado: sopa, verduras, patacas e garavanzos, chourizo e as diferentes carnes de tenreira e porco que compoñen esta delicia gastronómica. E se es máis de peixes, os ríos da zona son excelentes provedores de troitas e salmóns.

Esta é tamén terra de pazos, as antigas casas señoriales galegas en cuxos xardíns a camelia é a flor protagonista. Destaca de entre todos eles o Pazo de Oca, o máis famoso dos pazos galegos, situado no Concello da Estrada e cuns xardíns que lle valen o sobrenome do " Versalles galego"

Quen dixo que no interior non hai praia? Dous grandes ríos, o Ulla e o seu afluente o Deza vertebran estas terras, con decenas de praias fluviais tanto en ambólos dous ríos como nos numerosos regos que van morrer a eles. Lugares para un baño refrescante, tomar o sol ou gozar da fresca sombra das árbores. Moitas destas praias fluviais contan cos mesmos servizos que unha praia de mar durante a tempada de verán.

Pero se por algo se distinguen as terras do Deza e Tabeirós é pola súa exuberante natureza. Os bosques de ribeira xunto a ríos e arroios convidan o sendeirismo nos seus numerosos roteiros ou ao paseo relaxado. Dado que se trata de comarcas montañosas, as fervenzas están presentes en gran número, destacando entre todas elas a Fervenza do Toxa, unha das máis grandes e espectaculares de Galicia. Tampouco podes deixar de pasear pola Fraga de Catasós, moi preto de Lalín, un monumento natural onde camiñarás entre carballos e castiñeiros centenarios. E se queres pasear entre vacas e cabalos en semiliberdade á vez que gozas de paisaxes únicas, a Serra do Candán é un lugar perfecto para iso.

No medio da natureza atoparás auténticas xoias do patrimonio histórico situadas en lugares fantásticos, como o mosteiro de Carboeiro, cuxos orixes se remontan ao século X, ou o de Aciveiro, na Serra do Candán, ademais de numerosas igrexas románicas, cruceiros e decenas de muíños nas ribeiras dos ríos.

Tamén un dos Camiños de Santiago, a Vía da Prata, atravesa estas terras.

Non é de estrañar que entre tantas marabillas naturais esta sexa unha das zonas con máis aloxamentos de turismo rural de toda Galicia. Atoparalos de todos os tipos, desde grandes pazos a pequenas casas de labranza. Alí informaranche con detalle dos lugares que podes visitar, eses que non saen nas guías de turismo e que tampouco che imos a desvelar aquí, pero ten por seguro que merece a pena facer caso das recomendacións que poidan darche.

 
A Casa da Botica
TR-PO-000173
A Casa da Botica
Rúa Os Casares, 7 - 36588 - A Estrada (Pontevedra)
A Casa da Botica é unha casa de aldea da Estrada, comarca do Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de Compostela.
Ver máis
 
A Casa do Lagoeiro
TR-PO-000182
A Casa do Lagoeiro
Vilar, 17 - 36680 - A Estrada (Pontevedra)
A Casa do Lagoeiro é unha casa de aldea da Estrada, rexión Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de Compostela.
Ver máis
 
A Nugalla
TR-PO-000057
A Nugalla
Curantes - 36686 - A Estrada (Pontevedra)
A Nugalla es un pazo del siglo XVI situado en Curantes, A Estrada, próximo al Pazo de Oca y al Camino de la Plata del Camino de Santiago.
Ver máis
 
Casa A Mimoseira
TR-PO-000132
Casa A Mimoseira
Lugar Carballeira, 28 - O Pazo - 36684 - A Estrada (Pontevedra)
Casa Mimoseira é unha casa de aldea de 1837 en A Estrada, comarca do Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de Comp
Ver máis
 
Casa A Quintela
TR-PO-000200
Casa A Quintela
Quintelas 3 - Dúas Igrexas - 36549 - Forcarei (Pontevedra)
Casa A Quintela é unha casa rural situada en Forcarei, preto do Camiño da “Geira e dos arrieiros” e do parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
Ver máis
 
Casa Avelina Garrido
TR-PO-000002
Casa Avelina Garrido
Lugar Sagrada-Codeseda, 17 - 36684 - A Estrada (Pontevedra)
Casa Avelina Garrido é unha casa de aldea do século XIX na Estrada, comarca de Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santi
Ver máis
 
Casa da Carballeira
TR-PO-000028
Casa da Carballeira
Vilar 11 - Ribela - 36687 - A Estrada (Pontevedra)
Casa da Carballeira está situada en Ribela, A Estrada, preto da Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa da Marica
TR-PO-000154
Casa da Marica
Eiriz-Parada 14 - 36680 - A Estrada (Pontevedra)
Casa da Marica está situada en Eiriz, A Estrada, preto da Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa da Pastora
TR-PO-000107
Casa da Pastora
Lugar de Outeiro 12, Tabeirós - 36681 - A Estrada (Pontevedra)
Casa da Pastora é unha casa de aldea do ano 1880 situada en A Estrada, preto de Santiago de Compostela.
Ver máis
 
Casa de Brea
TR-PO-000184
Casa de Brea
Lugar Sar, 9 - 36684 - A Estrada (Pontevedra)
A Casa de Brea é unha casa de aldea do século XIX na Estrada, comarca do Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de
Ver máis
 
Casa de Cacheiro
TR-PO-000023
Casa de Cacheiro
Santa Cristina 9 - 36579 - Silleda (Pontevedra)
Casa de Cacheiro está situada en Silleda, no Deza, por onde transcorren dúas rutas do Camiño de Santiago: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno
Ver máis
 
Casa do Avó
TR-PO-000138
Casa do Avó
Codeseda 35 - 36680 - A Estrada (Pontevedra)
Casa do Avó é unha casa de aldea situada en Codeseda, A Estrada, e preto do Camiño de Santiago pola Vía da Prata.
Ver máis
 
Casa do Forno
TR-PO-000044
Casa do Forno
Nigoi 2 - 36684 - A Estrada (Pontevedra)
Casa do Forno está situada en Nigoi, A Estrada, preto da Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa Don Din
TR-PO-000082
Casa Don Din
Rúa Manuel Iglesias nº 19 - 36590 - Vila de Cruces (Pontevedra)
Casa Din Don é unha casa india situada en Vila de Cruces, a medio camiño entre o Camiño Frances de Santiago e a Vía da Prata.
Ver máis
 
Casa Galicia
TR-PO-000139
Casa Galicia
Casanova 4 - 36556 - Forcarei (Pontevedra)
Casa Galicia é unha casa rural situada en Forcarei, preto do Camiño da “Geira e dos arrieiros” e do parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
Ver máis
 
Casa Grande de Fuentemayor
TR-PO-000029
Casa Grande de Fuentemayor
Lugar de Cobas nº 2 - 36545 - Silleda (Pontevedra)
Casa Grande de Fuentemayor é un pazo construído en 1708 en Silleda, Pontevedra, preto da Vía da Prata no Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa Grande de Vilanova
TR-PO-000111
Casa Grande de Vilanova
Remesar 1 - 36685 - A Estrada (Pontevedra)
Casa Grande de Vilanova é unha antiga casa en Remesar, A Estrada, xunto ao Pazo de Oca e o Camiño da Prata do Camiño de Santiago.
Ver máis
 
Casa San Ginés
TR-PO-000045
Casa San Ginés
Ferreirós 17 - 36590 - Vila de Cruces (Pontevedra)
Casa San Ginés é unha casa del s.XVII situada en Vila de Cruces, a medio camiño entre o Camiño Frances de Santiago e a Vía da Prata.
Ver máis
 
Casa Vixide
TR-PO-000047
Casa Vixide
Soutullo, 20 - Anseán - 36519 - Lalín (Pontevedra)
Casa Vixide é unha casa de aldea do século XVIII situada en Lalín, na comarca Deza-Tabeirós, preto do Camiño de Santiago no Camiño de Inverno.
Ver máis
 
O Palomar
TR-PO-000148
O Palomar
Codeseda 28 - 36680 - A Estrada (Pontevedra)
O Palomar é unha casa de aldea de finais do século XVIII en Codeseda, A Estrada, e preto do Camiño de Santiago pola Vía da Prata.
Ver máis
 
Torres de Moreda
TR-PO-000179
Torres de Moreda
Callobre - 36688 - A Estrada (Pontevedra)
Torres de Moreda é unha casa de aldea en A Estrada, rexión Deza-Tabeirós, na provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de Compostela.
Ver máis
Ver todas