Comeza o 14º Outono Gastronómico

Galicia Turismo Rural   |   11 Setembro 2020 - 13 Decembro 2020   |   Nosotros
  • <br /><b>Warning</b>: A non-numeric value encountered in <b>/home/galiciaturismorural/prod/web/modules/blog/views/articulos/articulo.phtml</b> on line <b>32</b><br />-1

O pasado 12 de setembro tivo lugar a presentación oficial da 14ª edición da campaña "Outono Gastronómico". Este ano 70 establecementos formarán parte desta aposta pola promoción da nosa gastronomía, unha campaña que acumula xa unha cifra de máis de 70.000 asistentes, e que volve a reinventarse un ano máis a pesar da situación na que nos atopamos debido á pandemia do covid-19.

Arranca o "Outono Gastronómico" , un acontecemento que nos brinda a posibilidade de disfrutar do mellor da gastronomía da nosa terra, elaborada con produtos naturais de confianza, e con acollida nun entorno máxico, rodeada da mellor das experiencias de turismo no rural galego.

Dende o 11 de setembro e ata o vindeiro 13 de decembro, unha ampla selección dos aloxamentos de Turismo Rural de Galicia comparte con todos nos este acontecemento, patrocinado por Turismo de Galicia, e invítannos a degustar dous menús exclusivamente concibidos para esta ocasión.

No evento de presentación, Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia, indicou que “ este é un ano no que o turismo rural en Galicia convertiuse nun foco de atracción. Debemos seguir potenciando Galicia como destino seguro, e que toda a xente que nos queira vir a visitar saiba que temos moitos establecementos que se poden visitar con totais garantías sanitarias”.

Como xa é tradición, dentro das posibilidades ofertadas polos distintos establecementos de aloxamento rural destaca un conxunto de packs relacionados con servicios de restauración e posible aloxamento. Ademáis, como novidade, nesta 14ª edición abriuse un novo pack "Outono Plus" co que se pon a disposición dos usuarios un amplo abanico de actividades complementarias como sendeirismo, rafting, paseos a cabalo, visitas culturais,...

Descubre as ofertas, o catálogo completo de experiencias e moita máis información facendo click aquí.