Casas rurais con piscina en Galicia: refréscate en plena natureza

Galicia Turismo Rural   |   22 Agosto 2021   |   Turismo rural Galicia

Mergullarse nunha piscina nunha contorna máxica e en plena natureza é posible. Hai decenas de casas rurais con piscina en Galicia para que as goces.

Non só con piscina: algunhas tamén contan con jacuzzi e/ou spa. Ademais, moitas destas piscinas dispoñen de cuberta para que poidas gozar delas en calquera época do ano. Imaxinas tomar un baño mentres a choiva cae alén dos cristais?

Casas rurais con piscina en Galicia: relax para toda a familia

Tanto en zonas de costa como de interior, mesmo en plena montaña, atoparás casas rurais con piscina en Galicia. Algunhas delas mesmo están climatizadas. Grandes ou pequenas, ideais para nadar ou simplemente para relaxarte e gozar das vistas como non te imaxinabas.

Por suposto, se viaxas con nenos, gozarán como nunca.

Tras o mergullo, agárdate a nosa hospitalidade. Unha experiencia gastronómica das que non se esquecen, un viño ou unha bebida fresca... ou simplemente estar ao teu aire no xardín. E cando queiras descansar, faralo en habitacións confortables que nada teñen que envexar aos establecementos do máis alto nivel.

Unha casa rural en Galicia é moito máis que unha casa no campo. É historia, sorrisos, boa conversación, paseos tranquilos, patrimonio e natureza. Degustar produtos da terra cociñados con esmero. Probar viños distintos de calquera das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. "Isto está boísimo!" é unha das exclamacións que oímos máis a miúdo.

Aloxarse nunha casa rural de Galicia é, sobre todo, descubrir un modo de vida distinto, máis pegado á terra e aos seus ritmos. Aparcar as présas, a tensión e entrar nun pequeno remanso de paz onde vivir emocións longo tempo esquecidas.

E a todo isto, se queres, súmalle a piscina. A guinda dun fantástico pastel.