A sinfonía dos abrazos. Verán

Galicia Turismo Rural   |   04 Agosto 2022   |   Descubre Galicia Natureza Turismo rural Galicia

Concurso Galicia Turismo Rural 2022. Verán

Boa vida!

Os aloxamentos de turismo rural de Galicia abrimos as nosas xanelas para animarte a ollar desde fora cara ao interior, mais tamén desde o que cadaquén é en relación coa terra que nos dá vida, e co cosmos que nos acolle.

Así pois, coincidindo agosto co máximo aloumiño das estrelas no firmamento, estreamos A Sinfonía dos Abrazos_Verao, para convidarte a vivir onda nós noites engaliciadoras nas que a bóveda celeste semella zumegar ronseis e vagalumes.

Moita fortuna no sorteo!

Para alentarte a que te asomes ás nosas xanelas e poidas voar na procura tal vez de madrugadas máxicas, tal vez dunha estrela que te guíe, sorteamos unha noite para dúas persoas nun dos aloxamentos que aparece na nosa plataforma galiciaturismorural.es

¿Queres participar? Moi sinxelo.

Entidade organizadora

A Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) organiza con fins promocionais o sorteo que se describe a continuación.

Datas

O concurso comezará o lúns 8 de agosto e terá como data de finalización o mércores 7 de setembro de 2022 ás 20:30h.

A resolución do sorteo e descubrimento do correspondente gañador/a levarase a cabo o xoves 8 de setembro ás 10:00h.

Participantes

Pode participar cualquera persoa, de calquera nacionalidade, que teña cumprido os 18 anos de idade.

Requisitos

Para participar no sorteo debes cumprir os seguintes requisitos:

  • Deixa na publicación un comentario nombrando a @galiciaturismorural
  • Dálle a “me gusta” á publicación do sorteo
  • Compartir a publicación do sorteo
  • Seguir a conta de Galicia Turismo Rural en Facebook ou Instagram

Premio

Unha noite para dúas persoas nun aloxamento de Turismo Rural de entre os dispoñibles en galiciaturismorural.es, con data límite ata o 30 de novembro de 2022. Para recibir dito premio será preciso ter verificado o cumprimento dos requisitos e posterior realización dos trámites pertinentes de contacto cos agraciados.   

O resultado do concurso cunha imaxe dos premiados será publicada e difundida nas diferentes canles do proxecto Galicia Turismo Rural e da Federación Galega de Turismo Rural.

O premio irá destinado, única e exclusivamente, á persoa gañadora rexistrado como tal.