A Mariña lucense, o Cantábrico Galego

20 Novembro 2021

Entre o cabo de Estaca de Bares e Ribadeo, a comarca da Mariña lucense ten moito que ofrecer ao visitante en calquera época do ano. Unha costa rochosa chea de pequenas calas onde gozar do mar, praias paradisíacas, paisaxes deses que quedan impresos na túa retina, pobos mariñeiros e un rico patrimonio histórico. Non, non esquecemos dicir que aquí cómese de fábula, aínda que iso é case unha obviedade.

Goza como queiras da Mariña lucense

A extensa rede de aloxamentos de turismo rural que atoparás na Mariña lucense ofréceche múltiples posibilidades para gozar desta terra privilexiada, tanto na mesma costa como no interior, pero nunca moi lonxe das praias.

Se falamos de praias, aquí atoparás a praia máis visitada e fotografiada de Galicia: a Praia das Catedrais. Non é estrano, xa que trátase, sen dúbida, dunha das praias máis monumentais do mundo. Ao pé dos cantís formados pola planicie elevada do Cantábrico (a rasa cantábrica) cando se atopa co mar, a forza desatada do mar esculpiu nesta praia inmensas cavernas e arcos que semellan aos das catedrais góticas. Pasear na marea baixa por esta praia é unha experiencia inesquecible. Lembra que no verán a afluencia de público está limitada e tes que reservar gratuitamente a túa visita con antelación, e que sempre debes respectar as sinais de advertencia sobre as mareas e non entrar nas cavernas polo perigo de desprendementos.

Pero hai máis, moitas máis praias que visitar na Mariña lucense, tanto de mar aberto como nas rías do Barqueiro, Viveiro, Foz e Ribadeo.

Cunha contorna única, situada nunha das principais rutas de aves migratorias de Europa, tes moita natureza que gozar na Mariña lucense, tanto na costa como no interior. Pequenas e recónditas praias de transparentes augas turquesa, miradoiros á incrible costa, bosques de ribeira nos ríos, observatorios de aves nas zonas intermareais das rías...

Setembro é un momento perfecto para actividades de aire libre e gozar desta costa salvaxe, illada e fantástica. Contas con moitos aloxamentos de turismo rural na zona nos que pernoctar, facer unha escapada ou escoller como base para as túas rutas.

Todas as vilas e pobos xunto ao mar merecen unha visita polas súas paisaxes únicas e a súa autenticidade. Pero se falamos de patrimonio histórico non podemos deixar de falar da antiga vila de Mondoñedo, a poucos quilómetros da costa, cunha fermosísima catedral patrimonio da Humanidade e un dos cascos históricos mellor preservados de Galicia. Xa na costa, Viveiro, Foz e Ribadeo son tamén lugares monumentais con moita historia viva nas súas rúas.

Setembro é tamén unha boa época para gozar dos ceos nas noites despexadas. A Mariña lucense é unha zona con moi baixa contaminación lumínica a nada que che afastes un pouco das zonas habitadas. De feito, o concello de Muras, no interior da Mariña, é a terceira zona de Galicia en acadar a certificación de Destino Turístico Starlight, otorgada pola fundación do mesmo nome co soporte científico do Instituto de Astrofísica de Canarias.

 
Casa Brais
TR-LU-000006
Casa Brais
Estrada Xeral San Pedro, 24 - 27792 - Barreiros (Lugo)
Casa Brais é unha casa de aldea en Barreiros, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa Cordobelas
TR-CO-000028
Casa Cordobelas
Lugar de Cordobelas, 29B - Esteiro - 15555 - Cedeira (A Coruña)
Casa Cordobelas é unha casa de aldea centenaria en Cedeira, próxima á praia de Pantín, ao norte da provincia de A Coruña.
Ver máis
 
Casa de Teixide
TR-LU-000049
Casa de Teixide
Ctra Beltrán 1 - 27868 - Xove (Lugo)
A Casa de Teixide é unha casa de estilo indiano, que data de 1936 e está situada en Xove, na Mariña lucense, preto do mar Cantábrico.
Ver máis
 
Casa do Merlo
TR-LU-000130
Casa do Merlo
Lugar Sargendez, 4 - 27793 - Barreiros (Lugo)
Casa do Merlo é unha casa de aldea do século XVII preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa do Morcego
TR-CO-000181
Casa do Morcego
Porto do Cabo s/n - 15555 - Valdoviño (A Coruña)
Casa do Morcego está situada preto da praia de Vilarrube en Cedeira e das praias de Pantín e Valdoviño, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Casa Elena
TR-LU-000074
Casa Elena
Santiago de Reinante, Camiño A Proida, 3 - 27794 - Barreiros (Lugo)
Casa Elena é unha casa de aldea en Barreiros, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa Guillermo
TR-LU-000089
Casa Guillermo
Santiago de Reinante s/N - 27794 - Barreiros (Lugo)
Casa Guillermo é unha casa de campo recentemente renovada, situada en Barreiros, no corazón da Mariña Lucense, a 1 km da Praia das Catedrais.
Ver máis
 
Casa Os Carballás
TR-LU-000124
Casa Os Carballás
Os Carballás 2 - Merille - 27866 - Ourol (Lugo)
Casa Os Carballás é unha casa de aldea de 1822 situada en Ourol preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Casa Rural Norita
TR-LU-000317
Casa Rural Norita
As Pantigueiras, 6 - San Adriano - 27750 - Lourenza (Lugo)
Casa Rural Norita é unha casa de aldea do século XVIII no val de Lourenzá, en A Mariña Lucense, preto do Camiño de Santiago no Camiño do Norte.
Ver máis
 
Casa Rural Penaquente
TR-CO-000157
Casa Rural Penaquente
Lugar Penaquente- Espasante - 15339 - Ortigueira (A Coruña)
Casa Rural Penaquente é unha casa de aldea xunto ás praias e á Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Casa Rural Soutomoro
TR-CO-000193
Casa Rural Soutomoro
Lugar Soutomor, 1 - 15339 - Ortigueira (A Coruña)
Casa Rural de Soutomoro é unha casa de aldea centenaria preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Finca El Remanso
TR-LU-000136
Finca El Remanso
A Igrexa, 24 - 27747 - Mondoñedo (Lugo)
Finca el Remanso é unha casa de labranza en Mondoñedo, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Finca Galea
TR-LU-000025
Finca Galea
O Castro de Ouro - 27776 - Alfoz (Lugo)
Finca Galea é unha casa de aldea situada en Alfoz, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
 
Finca Goleta
TR-LU-000081
Finca Goleta
Lugar Barrio Espiñeira, 6 - 27780 - Foz (Lugo)
Finca Goleta es una casa de aldea de 1830 en pleno corazón de A Mariña lucense, a diez minutos de las playas de Foz y próximo al Camino de Santiago.
Ver máis
 
Finca O Bizarro
TR-LU-000164
Finca O Bizarro
O Bizarro, s/n - 27765 - Trabada (Lugo)
Finca O Bizarro é unha casa de aldea do século XIX preto das praias da Mariña Lucense e do Camiño de Santiago no Camiño do Norte.
Ver máis
 
Lugar del Rio
TR-CO-000321
Lugar del Rio
San Cristobal de Couzadoiro - Nogueirido, 50 - 15339 - Ortigueira (A Coruña)
Lugar del Río é unha casa de aldea centenaria preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Muiño Das Cañotas
TR-CO-000191
Muiño Das Cañotas
A Ortigueira, 10 - 15365  - Cariño (A Coruña)
Muíño das Cañotas é unha pequena aldea construída sobre un muíño do S.XIV en Cariño, na Ría de Ortigueira, ao norte da provincia de A Coruña.
Ver máis
 
Muíños de Pontenoval
TR-CO-000111
Muíños de Pontenoval
Ponte Noval s/n - Mera de Arriba - 15349 - Ortigueira (A Coruña)
Muíños de Pontenoval son dous antigos muíños situados nun val protexido do río Mera, en Ortigueira, comarca de Ferrolterra, nas Rías Altas.
Ver máis
 
O Vilar
TR-CO-000113
O Vilar
Mera de Arriba - 15349 - Ortigueira (A Coruña)
O Vilar é unha casa de aldea do século XVIII preto das praias e da Ría de Ortigueira, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Os Tres Teixos
TR-LU-000169
Os Tres Teixos
Lugar de Martin, 10 - 27786 - Foz (Lugo)
Os Tres Teixos é unha casa de aldea do século XIX en Foz, preto das praias da Mariña Lucense no norte de Galicia.
Ver máis
Ver todas