Abertas de Par en Par en Casa Torres de Moreda

O venres, 4 de novembro, achégate á Casa Torres de Moreda, no concello da Estrada. Deleitaraste coa paixón por diante de Pablo Carpintero.

Pablo Carpintero, instrumentos musicais na tradición Galega

Pablo é músico e constructor de instrumentos musicais, ademáis de doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela onde foi profesor de Bioquímica. Ten o diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música. 

Rosa, a súa compañeira é bailadora e cantadora tradicional, tamén toca o tambor. Xuntos levan 30 anos percorrendo o noroeste da península Ibérica recollendo e gravando sobre todo a memoria do folclore infantil, a evolución da morfoloxía e do repertorio da gaita de fol e dos instrumentos que a acompañan, así como dos outros instrumentos musicais tradicionais do noroeste peninsular e da nosa música tradicional en xeral. 

Durante moitos anos tivo unha sección dedicada á música tradicional no programa “Lume na Palleira” da Radio Galega e outra no programa Luar da RTVG. Este gusto pola difusión tamén se reflicte nas charlas e concertos como o que nos vai ofrecer nos recitáis ao serán.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta

Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra. Date un agasallo, sorprende  á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano.  

Como Torres de Moreda, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán. 

Pablo Carpintero

A Casa Torres de Moreda está en Callobre, concello de A Estrada (Pontevedra). 

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural