Abertas de Par en Par en Casa Rectoral de Chandrexa

O sábado, 05 de novembro, achégate á Casa, Rectoral de Chandrexa, no concello de Parada de Sil. Deleitaraste escoitando á Sofía Espiñeira mentres interpreta Canción de autora/Música de raíz.

Sofía Espiñeira, composicións orixinais con tonalidades de raíz

Composicións orixinais con tonalidades de raíz e unha linguaxe propia e xenuina. Aromas de bossa e folclore sudamericano, aires de flamenco, folk, blues ou latexos da nosa música tradicional resoan nesta proposta chea de honestidade, sensibilidade e frescura. 

Sofía Espiñeira trae unha música que canta o universal dende o pequeno, transitando polas paisaxes do íntimo, o social e o humor nun baile contante entre forza, delicadeza e proximidade co público. Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra. 

Date un agasallo, sorprende á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano. Como a Rectoral de Chandrexa, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán. 

Sofía Espiñeira 

Casa Rectoral de Chandrexa está en Chandrexa (Santa María),  concello de Parada de Sil 

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural