Abertas de Par en Par en Casa Ramirás

O sábado, 22 de outubro, achégate á Casa Ramirás, no concello de Ourense. Deleitaraste escoitando á Sofía Espiñeira mentres interpreta Canción de autora/Música de raíz. 

Sofía Espiñeira, composicións orixinais con tonalidades de raíz

Composicións orixinais con tonalidades de raíz e unha linguaxe propia e xenuina. Aromas de bossa e folclore sudamericano, aires de flamenco, folk, blues ou latexos da nosa música tradicional resoan nesta proposta chea de honestidade, sensibilidade e frescura. Sofía Espiñeira trae unha música que canta o universal dende o pequeno, transitando polas paisaxes do íntimo, o social e o humor nun baile constante entre forza, delicadeza e proximidade co público.

Esta intérprete e compositora compostelá multidisciplinar das artes escénicas, comezou a crear aos dezaseis anos. Formouse no conservatorio co clarinete e de xeito autodidacta coa guitarra e o acordeón. Ten, ademáis, unha elevada formación na danza contemporánea, teatro, circo, clown ou claqué e na actualidade fórmase na música tradicional.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta.

Nesta I Edición de Abertas de par en par, dispós de 25 casas de Turismo Rual en Galicia para reservarte ese momento para ti e os teus, no que desfrtar de un serán distinto, con actividades ao redor da música e da palabra, momentos únicos en entornos máxicos que difícilmente esquecerás.

Sofía Espiñeira

A Casa Ramirás está en O Viso, concello de Ourense.

Fai a túa reserva no teléfono do cartaz.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural