Abertas de Par en Par en Casa O Muiño de Pena

O xoves, 20  de outubro, achégate á Casa O Muíño de Pena, no concello de O Pino. Deleitaraste da man de Fernando Barroso, un músico e compositor ferrolán e trotamundos, que vive entre Galicia e Portugal.

Fernando Barroso, música popular galega e portuguesa

Vencellado á música popular galega e portuguesa, bebe de fontes diversas desde o jazz á música clásica, desde ritmos e sons brasileiros ate os que flúen da cultura persa. 

Divulgador da música popular a través dos instrumentos de corda, ten sido membro das bandas de Budiño, Riobó e Cempés, colaborou, entre outros, con músicos como Julio Pereira ou Xabier Díaz, cofundador do trío internacional Assembly Point con Eoghan Neff e Luís Peixoto. Formóu parte canda músicos de Europa e Latinoamérica do laboratorio creativo NEXO, dirixido por Donald Shaw. Ten compartido escenario con bandas por todo orbe e desde 2016 inicióu a súa carreira  persoal, con discos como Intropía e Silence lovers club– Mandolin pieces.

Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta.

Date un agasallo, sorprende  á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano.  

Como o Muíño de Pena, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán. 

Fernando Barroso

A Casa O Muíño de Pena está en ponte Puñide, concello de O Pino (A Coruña).

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural