Abertas de Par en Par en Casa Grande da Ferrería de Rugando

O sábado, 8 de outubro, achégate á Casa Grande da Ferrería de Rugando, no concello de Quiroga. Deleitaraste con Germán Díaz e a súa “Música para manivelas”.

Germán Díaz, música para manivelas

A este vallisogalego ou galegoletano nado no 1978 son moitas as persoas que, logo de escoitalo, chegan a afirmar del que é o Jimi Hendrix da zanfona, ou o Miles Davis do noso folklore. Mesmo Pascal Lefeuvre, un dos grandes intérpretes do instrumento ousou decir que vía nel o futuro Paco de Lucía da zanfona. 

É un dos revitalizadores da zanfona en Galicia e noutras comunidades da Península e un dos responsábeis da súa incorporación á música do noso tempo. Mergúllase con gusto na música tradicional e tamén no resto das músicas.  Improvisador excepcional e intérprete intenso.

Ten actuado por todo o mundo, só ou en compaña de numerosas formacións e intérpretes. Compositor de Bandas Sonoras Orixinais para teatro, cine e televisión.

Persoa xenerosa e sinxela, desfruta colecionando instrumentos e xoguetes musicais de manivela que con grande sensibilidade fai que sigan funcionando e emocionando.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta.

Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra.

Date un agasallo, sorprende á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano.

Germán Díaz

A Casa grande da Ferreiría de Rugando está en Rugando, concello de Quiroga (LUGO).

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural