Abertas de Par en Par en Casa Ecoagroturismo Arqueixal

O domingo, 13 de novembro, achégate á Casa Ecoagroturismo Arqueixal, no concello de Palas de Rei. Deleitaraste bailando ao mandado pola grande mestra da danza Mercedes Prieto, que canda o seu compañeiro Sergio Cobos -un dos mellores acordeonistas e bailadores da nosa terra- irán debullando pasos e danzas coa música leda do acordeón. 

Mercedes Prieto e Sergio Cobos, pasos e danzas coa música leda do acordeón

Cal se foses pasando de receita en receita aprenderás pasos e saborosas formas de danzar recollidas en outras comunidades do mundo. Músicas de diferentes países que han facer que desfrutes cas coreografías propostas.

Qué saboroso!!! Un recital de danzas para todas as idades, con bailes que aloumiñan os sentidos! Tacto, vista e ouvido, tamén gusto e olfacto. Mesmo che ha servir para mellorar o teu sentido do ritmo e do humor!

Mercedes Prieto, Licenciada en Química pola Universidade de Santiago, en Danza pola Faculdade de Motricidade Humana, e Doctorada en Ciencias da Educación, exerce de profesora, escritora, coreógrafa e conferenciante, por diversos centros e conservatorios de España e Portugal. Últimamente creóu e imparte, canda Montserrat Rivera, o proxecto Armadanzas, un taller de animación con historias e bailes pra achegar as culturas galega e portuguesa.

 

Sergio Cobos inicia a súa formación na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. Investigador, mestre de baile, director musical e intérprete de danza, ten recollido cantos e coreografías por toda Galicia. Colaboróu con músicos como Budiño e grupos como Berroguëtto e tamén traballa como intérprete e arreglista en Portugal.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta.

Ven gozar con pasos e melodías internacionais. 

Experimenta o auténtico sabor dos ritmos, grazas aos ingredientes que Mercedes Prieto e Sergio Cobos irán suxerindo para cada danza. 

Neste recital ao serán, as danzas sírvense á  carta!

Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra.

Mercedes Prieto

Sergio Cobos

A Casa EcoAgroturismo Arqueixal está en Albá, concello de Palas de Rei (Lugo).

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural