Abertas de Par en Par en Casa dos Migueliños

O venres, 11 de novembro, achégate á Casa Os Migueliños, no concello de Catoira. Deleitaraste con Charo Pita e Manuel Vilas e o seu espectáculo de Narración Oral e arpa medieval para adultos e mocidade “De Como O Cabaleiro Roboán Lle Preguntou Ao Emperador Por Que Non Ría”.

Charo Pita e Manuel Vilas, espectáculo de narración oral e arpa medieval

Manuel Vilas estudou arpas antigas dos séculos XII ao XVIII con Nuria Llopis e Mara Galassi. Músico e investigador de recoñecido prestixio nos seus estudos sobre  arpa ibérica, a arpa xesuítica chiquitana -Bolivia- e a arpa dobre do s. XIV na coroa de Aragón.

Ten sido profesor en reputados cursos nacionais e internacionais, participóu en dúceas de grabacións discográficas e en 2008 fundóu o seu propio grupo Ars Atlantica. Home xeneroso e humilde que participa na sementeira de memoria, no compartir a colleita do recibido e na proximidade de quen sendo grande, arrima o hombreiro co entusiasmo e a ilusión de cando se comeza.

Charo Pita estudou Filoloxía Hispánica e Teatro baixo a dirección de Theodor Smeu Stermin. Ten publicado libros infantíis, poesía, relatos para adultos e colleitado tamién premios literarios. 

Charo Pita leva case vinte anos contando historias e impartindo obradoiros de narración, con relatos tanto de tradición oral como de creación propia. Amante das palabras, gústalle xogar con elas explorando as súas variadas posibilidades, compón desde libros para pícaros, relatos para adultos, poemarios, ate ensaios sobre narración oral e a creación literaria.

Crea espectáculos onde mestura relato oral coa música ou o debuxo: Palabras PercuDitas, os fonocontos, as Ollofábulas.

Manuel Vilas e máis ela ousan ofrecer un espectáculo de Narración Oral e arpa medieval para adultos e mocidade desde os 12 anos, que leva por título: “De Como O Cabaleiro Roboán Lle Preguntou Ao Emperador Por Que Non Ría” .

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta

Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra.

Date un agasallo, sorprende á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano.

Como a Casa Os Migueliños, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán.

Charo Pita e Manuel Vilas

A Casa Os Migueliños está en Barral, concello de Catoira (Pontevedra). 

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural