Abertas de Par en Par en Casa da Torre Branca

O mércores, 12  de outubro, achégate á Casa da Torre Branca, en Santiago de Compostela. Deleitaraste xogando a dúas voces.

Dúo ConcertArt, xogando a dúas voces

No espectáculo “Xogando a dúas voces», O Dúo ConcertArt formado por Ildikó Oltai e  Irina Gruia, interpretarán algunhas obras moi coñecidas, alternándose as voces solistas e algunha que outra sorpresa.

Dous violíns, dúas voces que se complementan unha á outra, ás veces amigas, ás veces irmás. Conversan, discuten, quérense, enfádanse, confésanse e apóianse, pero sempre contando as súas historias e os seus recordos de distintos lugares e de diferentes épocas. 

Ildikó Oltai e Irina Gruia son violinistas da Real Filharmonía de Galicia desde o ano 2001 e 2003 respectivamente.

Ildikó Oltai. Nacida en Budapest, Hungria, realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Franz Liszt da súa cidade natal. 

Traballou na Orquestra de Cámara Ferenc Erkel de Budapest como axudante de concertino, no Cuarteto de Corda «László Lajtha», na Orquestra Sinfónica de Franz Liszt de Budapest como concertina e na Orquestra Sinfónica Ernö Dohnányi de Budapest como concertina e varias veces como solista. 

Irina Gruia. Nace en Brasov, Rumania. Os seus estudos do Conservatorio Superior continúan nos Estados Unidos. En 2002 se gradúa na especialidade de violín polo Conservatorio Hartt nos EEUU, onde estuda con Philip Setzer e Eugene Drucker, os dous violinistas do famoso Emerson String Quartet.  

No transcurso do ano 2012, licenciouse no método «Kindermusik» e empeza unha relación con varias garderías e escolas de música para poñer unhas bases musicais moi sólidas ás novas xeracións. 

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta.

Date un agasallo, sorprende á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano.  

Como a Casa da Torre Branca, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán.

ConcertArt

A Casa da Torre Branca está en Santiago de Compostela (A CORUÑA). 

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural