Abertas de Par en Par en Casa do Romualdo

O sábado 24 de setembro terá lugar, na Casa do Romualdo, no concello de Taboada, a presentación do programa da I Edición de Abertas de Par en Par, unha serie de recitáis ao Serán en 25 casas de Turismo Rural de Galicia. 

Oscar Fernández e Manu Fraguela na Casa do Romualdo

Manuela é unha pícara inqueda, tímida e leda que hai uns seis anos ficou engaiolada   pola zanfona. Contan que tal feitizo aconteceu mentres escoitaba  á María de  Cobas  tocala, é un dicir, e cantar uns versos adicados á Cega de Ouselle. Tiña daquela apenas nove anos, e tan prematuro namoro, lonxe de minguar medra e medra cada día, contaxiando incluso á súa propia nai, María. 

Tal é o ansia de Manu por aprender, por tocar cada vez mellor que, teimuda, apenas  deixa de insistir en querer perfeccionarse en arte tan zanfonil. 

Evidentemente que na súa progresión ten moito que ver o grande músico e Mestre da zanfona Oscar Fernández, quen desde o primeiro momento soubo do seu talento natural, cal profesor Higgins  no Pigmalión ou na celebrada My fair laidy. Paciente e bondadoso, acompaña, ensina e transmite con grande xenerosidade todo o inmenso saber musical que atesoura. 

Óscar Fernández e Manu Fraguela veñen artellando  desde hai anos un repertorio propio. O luthier galego Jaime rebollo construíulles dúas zanfonas idénticas. De aí naceu o proxecto “Xemelgas”, unha escolla de temas arranxados para dúas zanfonas, que veñen ofrecendo en concerto, tanto en directo -Encontro “Zona da Zanfona” Rianxo 2021, II Celme da Zanfona, Lugo  2022, ou recentemente no Festival do Mundo Celta de Ortigueira 2022-, como nas redes -“A Ponte dos concertos” 2021-.

“Xemelgas” é música instrumental adaptada e novas composicións inspiradas na tradición Galega, mais tamén na de outras comunidades  europeas, tocada con enérxica intensidade, sensibilidade e delicadeza.

Non te podes perder esta acto para o que é imprescindible reserva previa no teléfono 982 455 010

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.

Volver á oferta completa de recitais.

Recital ao serán en Galicia Turismo Rural