Cada vez máis persoas procuran casas de turismo rural para a súa estadía en Galicia, mesmo cando percorren espazos senlleiros ou peregrinan por algún dos Camiños de Santiago.
É evidente que nestes dous últimos anos a situación vivida mudou moitas realidades e proxectos vitais, presentando novos retos, reclamando novas estratexias e calendarios nas nosas vidas, no lecer e no traballo.
Situar a nosa terra como destino de referencia para persoas viaxeiras que procuran experimentar un turismo seguro, saudable, sostible e de calidade no medio rural é o xeito máis doado de darlle axeitada resposta, diferenciada e diferenciadora, algo, por certo, que acotío vimos ofrecendo en www.galiciaturismorural.es.
Afortunadamente, a reactivación do Turismo Rural de Galicia, aséntase sobre piares firmes e recoñecibles, grazas...
Numerosas e poderosas son, pois, as singulares bondades que os aloxamentos rurais de Galicia atesouramos.
Por iso, se intelixente e sostible é poñelas en valor e difundir a súa ampla, diferenciada e variada oferta, aínda o é máis aproveitalas e seguir apostando por Galicia e os seus aloxamentos rurais.
Un turismo sostible e de calidade en contornas rurais distínguese, ademais de polo seu emprazamento e arquitectura ou a proverbial bondade e xenerosidade que nos recoñecen na acollida, pola profesionalidade na atención ás persoas e na xestión dos recursos.
Tamén, á hora de procurar unha óptima visibilización, debe distinguirse por ofertar valores, experiencias e propostas claras, atractivas e homoxéneas, procurando así diferenciarse de quen só ofrece o uso dun inmoble a miúdo impersoal, xenérico, instalado pero apenas conectado co lugar e a súa xente, incapaz, logo, de transmitir os saberes e sentires que conforman a identidade comunitaria dun rural vivo.
Por iso vimos desenvolvendo estratexias de comunicación e de posicionamento que potencien tanto a promoción, como unha doada e sinxela comercialización.
E facémolo con ferramentas, accións e actividades amparadas sempre no que establece o marco normativo vixente.
Son, estes tempos, ocasión propicia para ofrecer unha novidosa mostra de suxestivas e atractivas experiencias a persoas e grupos diversos, seniors, familias, singles, etc. Experiencias,moitas delas, susceptibles de ser gozadas en épocas diferentes e incluso útiles como fontes de fidelización.
Faise preciso, pois, a creación de paquetes turísticos de calidade, diferenciados e diferenciadores, e dirixidos a distintos perfís.
Establecidas canles de confianza con persoas que desenvolven o seu traballo na intermediación (turoperadores e axencias de viaxes galegas), estamos a promover a creación e comercialización de catálogos con paquetes de experiencias no turismo rural.
Á par, seguimos a cultivar a coordinación, a integración e a confianza dentro do propio sector, cunha oferta complementaria, procurando a interacción con outros axentes da cadea de valor (establecementos de restauración, espazos expositivos, de ocio, museísticos, empresas de transporte, de turismo activo, de guías, así como con asociacións e colectivos vinculados ao Camiño e ao desenvolvemento do medio rural). Deste xeito van abroiando novas sinerxías que permiten a súa integración en novos e suxestivos paquetes e ofertas, dirixidas tanto a público galego como nacional e internacional.
A experiencia cotiá segue a nos alentar na creación e reforzo de redes colaborativas de calidade, que procuran a diferenciación e a excelencia do Turismo Rural en Galicia. Seguro que nos han seguir a recargar de forza, facéndonos competitivas e invencibles na conquista dos mercados...e sobre todo, dos corazóns da xente.
TR-PO-000132 Casa A Mimoseira Lugar Carballeira, 28 - O Pazo - 36684 - A Estrada (Pontevedra) Casa Mimoseira é unha casa de aldea de 1837 en A Estrada, comarca do Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de Comp Ver máis TR-CO-000111 Muíños de Pontenoval Ponte Noval s/n - Mera de Arriba - 15349 - Ortigueira (A Coruña) Muíños de Pontenoval son dous antigos muíños situados nun val protexido do río Mera, en Ortigueira, comarca de Ferrolterra, nas Rías Altas. Ver máis TR-OR-000070 Reitoral de Chandrexa A Casalta - 32747 - Parada de Sil (Ourense) Reitoral de Chandrexa é unha casa de labranza situada en A Ribeira Sacra ourensá, cerca de Parada de Sil e do embarcadoiro de Santo Estevo. Ver máis Ver todas |
GALICIA TURISMO RURAL es una plataforma de reserva online dirigida a todos aquellos viajeros y viajeras que tengan interés en conocer los atractivos turísticos de los distintos geodestinos de Galicia, alojándose en establecimientos de turismo rural con encanto e integrados en el paisaje natural que los rodea.
En esta plataforma cada vez participan más establecimientos de la red existente, de forma que se puede considerar el principal recurso de contratación de turismo rural de Galicia. Fegatur (Federación Gallega de Turismo Rural) promueve esta iniciativa en colaboración con la Agencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).