Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra esconde a beiras do río Miño e do Sil unha bonita conexión entre historia, tradición viticultora e impresionantes paisaxes
Ocultar filtros
Reserva online directa
Aluguer por habitacións
Aluguer completo
Outono gastronómico
Bono Quedamos en Galicia
Mostrar más
Q de calidade
Restaurante
Adaptada
Admite mascotas
Wifi
Cuna bebé
Salón de reunións
Xardín-Terraza
Barbacoa
Piscina
Instalación para nenos
Camiño de Santiago
Na montaña
Preto da praia

Que ver

Casas rurais

A Ribeira Sacra é un dos enclaves da Galicia profunda. Este territorio, localizado a beiras dos dous maiores ríos de toda a comunidade, o río Miño e o Sil, conecta historia, tradición viticultora e grandes paisaxes, converténdose nun dos destinos turísticos de interior máis recoñecidos en todo Galicia.

Os concellos de A Peroxa, A Pobra de Brollón, A Teixeira, Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Saviñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Xunqueira de Espadanedo, conseguiron manter cos anos unha das maiores concentracións de mosteiros e igrexas medievais de toda Europa.

Os canóns pronunciados de moitos deses municipios, sumados á riqueza das terras fértiles e ao seu microclima favorable, propiciaron o cultivo da vide baixo unha tradición que lles fixo chegar a ter, a día de hoxe, unha das denominacións de orixe máis coñecidas a nivel nacional e internacional, a D.O. Ribeira Sacra.