Ancares - Courel

O territorio de Ancares e Courel é recoñecido por conformar a maior reserva verde de toda Galicia
Ocultar filtros
Reserva online directa
Aluguer por habitacións
Aluguer completo
Outono gastronómico
Bono Quedamos en Galicia
Mostrar más
Q de calidade
Restaurante
Adaptada
Admite mascotas
Wifi
Cuna bebé
Salón de reunións
Xardín-Terraza
Barbacoa
Piscina
Instalación para nenos
Camiño de Santiago
Na montaña
Preto da praia

Casas rurais

O territorio de Ancares e Courel é recoñecido por conformar a maior reserva verde de toda Galicia. Nela conviven innumerables especies de animais, entre as que podemos atopar lobos, xabarís, raposos, corzos e mesmo algún que outro oso pardo.

Sen ningunha dúbida, un deses destinos obrigatorios para todos aqueles viaxeiros que queren conectar coa natureza, que gozan contemplando a flora e a fauna e que están dispostos a convivir dentro dunha das paisaxes máis virxes de todo o territorio galego.

Conformado polos concellos de A Fonsagrada, As Nogais, Baleira, Becerreá, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Samos, na zona oriental da provincia de Lugo atopámonos un dos paraísos naturais máis recoñecidos de todo Galicia no que a pegada do home deixou físgoas dalgúns pobos nos que o tempo parece deterse.