Mosteiro San Pedro de Rocas

- 32720 Ribeira Sacra (Ourense)
  • Mosteiro San Pedro de Rocas - foto 1/1

De entre os numerosos mosteiros que se atopan ao longo da Ribeira Sacra, o pequeno San Pedro de Rocas é sen dúbida o máis singular, non pola súa magnificencia senón pola súa sinxeleza e antigüidade. Con orixes incertas que se remontan ao século VI, San Pedro de Rocas é unha mostra de como os primeiros monxes ermitaños escollían lugares apartados do mundo para retirarse a orar e vivir en comunidade.

A igrexa troglodita de San Pedro de Rocas

A primitiva igrexa-cova, escavada na roca aproveitando tres cavernas naturais, é unha auténtica reliquia do patrimonio arquitectónico de Galicia. O seu reducido tamaño fálanos da vida sinxela que levaba a pequena comunidade monacal que aquí habitaba. Tanto no chan da igrexa como no exterior atopamos numerosas tumbas antropomorfas, tamén talladas directamente na roca. Remata o conxunto un pequeno campanario situado sobre un enorme monolito natural de pedra. Como colofón, a igrexa conserva os restos dunha pintura que corresponde ao único mapamundi mural de época románica que se coñece

O edificio anexo, do século XVII e que serviu de casa prioral, alberga hoxe o Centro  de Interpretación da Ribeira Sacra. 

Na túa visita a San Pedro de Rocas non debes perder a fonte de San Bieito, no medio dun frondoso bosque e cuxas augas teñen fama de milagreiras.

Localización

Que ver