Cabo Ortegal

Cariño (A Coruña)
  • Cabo Ortegal - foto 1/1

O Cabo Ortegal, situado no municipio coruñés de Cariño, é un lugar que ningún visitante desta zona debería perderse. As vistas dos cantís, a bravura do Atlántico batendo contra as rocas ao pé do faro, os impresionantes solpores que poden contemplarse dende aquí... Unha paisaxe sen igual na Europa continental.

As anfibolitas de Cabo Ortegal

As ondas do Atlántico baten con tal forza sobre as impoñentes paredes pétreas que foron deixando ao descuberto, co paso dos séculos, algunhas das rocas máis antigas da Terra, como as anfibolitas de Cabo Ortegal, situadas xusto á beira do faro e que recentes estudos confirmaron que teñen 1.156 millóns de anos de antigüidade. Un impresionante vestixio de cando o mundo era novo e o que hoxe é Galicia estaba mergullada baixo o mar.

 

Localización

Que ver