Praia das Catedrais

Ribadeo (Lugo)
  • Praia das Catedrais - foto 1/1

A paisaxe da praia das Catedrais fai honra ao seu nome. Situada aos pés dunha planicie elevada que se corta abruptamente nun cantil (algo que en xeoloxía se coñece como a rasa cantábrica), o mar ten esculpido na lousa monumentais arcos de pedra que parecen as naves dunha catedral gótica, axudado pola composición da roca nesta zona, fundamentalmente pizarra que se esmaga fácilmente.

A paisaxe das Catedrais parece sacado doutro mundo. É fácil sentirse pequeno cando se contemplan os enormes monumentos de roca tallados polas forzas da Natureza ao longo de miles de anos. 

Precaucións na visita á praia das Catedrais

En realidade, As Catedrais é un nome turístico, xa que o nome tradicional desta praia é Augas Santas. Trátase dunha contorna moi sensible e non exenta de perigos. As rocas do interior das cavernas despréndense con facilidade, polo que está prohibido entrar nelas, e a marea pode subir rápidamente, polo que a visita debe realizarse durante a baixamar.

Debido á gran afluencia de visitantes e a que se trata dun espazo natural moi fráxil, durante o verán o número de visitantes que poden acceder á praia está restrinxido, polo que deberás realizar unha reserva con ata 30 días de antelación. Na mesma web de reservas da Xunta de Galicia podes solicitar unha visita guiada que che axudará a entender mellor a historia deste espléndido monumento natural.

 

Localización

Que ver