Imaxes cortesía de José Arantes
Tal e como sinala o presidente da FEGATUR, Francisco Almuíña Chorén, “Coa Sinfonía dos Abrazos | Primavera, seguimos tentando crear unha comunicación diferenciadora e proactiva, e facémolo contando coa leda complicidade da xente que procura unha casa rural en Galicia, amosándolle e achegándolle pequenas realidades diarias da fauna e a flora que alentan e agroman ao noso carón, dándonos auténticas leccións de vida.”
Segundo subliña, “ Cando na nosa Terra as persoas e o resto dos seres vivos procuramos unha convivencia harmoniosa, é dicir: respectuosa, sostible e colaborativa- , é doado gozar de emocións e experiencias que rexeneren corazóns, mente e espírito”.
Como a miúdo gusta de concluír, “Abonda con deixarse levar e vir compartir saberes, sabores e sentires”.
GALICIA TURISMO RURAL é unha plataforma de reserva online dirixida a todos aqueles viaxeiros e viaxeiras que teñan interese en coñecer os atractivos turísticos dos distintos xeodestinos de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural con encanto e integrados na paisaxe natural que os rodea.
Nesta plataforma cada vez participan máis establecementos da rede existente, de xeito que se pode considerar o principal recurso de contratación de turismo rural de Galicia. Fegatur (Federación Galega de Turismo Rural) promove esta iniciativa en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).