Concurso Galicia Turismo Rural 2022 | Qué é? Qué é?

13 Xaneiro 2022

 

Entidade organizadora

A Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) organiza con fins promocionais o sorteo que se describe a continuación.

Datas

O concurso comezará o xoves 13 de xaneiro e terá como data de finalización o próximo sábado 15 de xaneiro de 2021 ás 20:30h.

A resolución do sorteo e descubrimento do/a correspondente gañador/a levarase a cabo o próximo domingo 16 de xaneiro ás 14:30h.

Participantes

Pode participar cualquera persoa, de calquera nacionalidade, que teña cumprido os 18 anos de idade.

Requisitos

Seguir a conta de Galicia Turismo Rural en instagram e/ou facebook, e comentar na publicación correspondente ao concurso coa resposta da "adiviñanza" que se pregunta e etiquetando á persoa coa que compartiría unha experiencia de turismo rural.

Premio

Unha noite para dúas persoas nun aloxamento de Turismo Rural de entre os dispoñibles en galiciaturismorural.es con "reserva online na plataforma", con data límite ata o 7 de abril de 2022. Para recibir dito premio será preciso ter verificado o cumprimento dos requisitos e posterior realización dos trámites pertinentes de contacto cos agraciados.   

O resultado do concurso cunha imaxe dos premiados será publicada e difundida nos diferentes canais do proxecto Galicia Turismo Rural e da Federación Galega de Turismo Rural.

O premio irá destinado, única e exclusivamente, aos gañadores rexistrados como tais.